Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información
|| Senior Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña S - Calvo Artai · 24/01/2021 17:00 Polideportivo Riazor 2 || Senior Masc. 3ªDiv: Montrove - Idefic Imatia Básquet Coruña · 23/01/2021 19:00 Canide-Mera || Junior Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña J - Compañía de María · 24/01/2021 09:30 Polideportivo Riazor 2 || Junior Masc. 2ªDiv: CB Arteixo Duacode - Básquet Coruña 03/04 · 23/01/2021 20:00 Pazo dos Deportes de Arteixo || Cadete Fem. 1ªDiv: Fundiciones Rey - Básquet Coruña Leyma C · 23/01/2021 12:00 Polideportivo Fontecarmoa 1 || Cadete Masc. 1ªDiv: Instituto Rosalía - Básquet Coruña C · 23/01/2021 12:00 Instituto Rosalía de Castro || Infantil Masc. 1ªDiv: Instituto Rosalía - Básquet Coruña I · 23/01/2021 10:00 PIO XII || Pre-Inf Masc. 1ºDiv: Básquet Coruña U13 - SIGALTEC · 23/01/2021 12:00 Polideportivo Ventorrillo || Infantil Fem. 1ªDiv: Básquet Coruña Leyma I - Acad. A Mariña Burela INF.fem · 24/01/2021 12:30 Polideportivo Riazor 2 || Minibasquet Fem. 1ªDiv: BAXI Ferrol - Básquet Coruña Leyma U12 · 23/01/2021 12:00 Pavillón Casa Do Deporte || Minibasquet Masc. 1ªDiv: REVI Obradoiro - Básquet Coruña U12 · 24/01/2021 10:00 Monte dos Postes

Primer equipo | 07/10/2017 09:55

O Leyma Coruña gaña con oficio ante o seu público

El Leyma Coruña gana con oficio ante su público

O Leyma Coruña logrou o primeiro triunfo da tempada tras imporse ao Araberri (76-68), nun encontro no que foi mandando sempre no marcador, pero no que tivo que suar para llvarse a vitoria.

Os equipos comezaron moi erráticos en ataque, o que motivou que o primeiro cuarto non fóra moi prolífico en proxección ofensiva (16-12). O segundo comezaría cun Araberri ao que lle custaba anotar os seus primeiros puntos e un conxunto laranxa no que Sergio Olmos disputaba bos minutos, servía canastras e que levaba a súa máxima vantaxe neste período aos 16 puntos. Conseguía reducir a diferenza a dez ao descanso o cadro vasco (38-28).

Tras o paso por vestiarios, os de Pérez Caínzos ían aos poucos recortando diferenzas (42-35 min.23), mentres que o Leyma atascábase por momentos en tarefas ofensivas, aínda que seguía sumando grazas ao temperán bonus dos vascos.

Pero eran as rápidas transicións de Araberri, das que xa advertira Aranzana, as que os achegaban perigosamente no luminoso (51-47 min.28). Unha canastra de Jesse Chuku na última posesión do terceiro cuarto daba aire ao equipo (55-51).

Jesse Chuku e Mike Torres asinaban un 4-0 que obrigaba a Araberri a pedir tempo morto ao comezo do acto definitivo (59-51). Un triplo de Trevor Cooney volvía deixar a vantaxe en dez a seis minutos para o final da contenda (63-53). Os locais víanse en bonus no últimos cinco minutos dun partido no que non terminaban de despegarse do seu rival no luminoso (67-59 min.36). Os coruñeses aguantaban o último arreones dos visitantes e un triplo de Jonathan Gilling certificaba a primeira vitoria do curso (76-68).

O baloncesto volve ao Palacio dos Deportes de Riazor o martes día 10 ás 21.00 horas coa visita de Unión Financeira Baloncesto Oviedo. Esperámosvos!






non á violencia de xénero
Xunta de Galicia


Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.obra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankiberostaraltiaagra das mil medasmacronabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pomboarkivoltaad grupo regueiraaurencentro negocios finisterreGrupo Alumandos deportemarineda city