Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información

Actividades | 28/10/2016 13:02

O Leyma Coruña dedica o seu partido de mañá en Riazor a ADACECO

El Leyma Coruña dedica su partido de mañana en Riazor a ADACECO

ADACECO, a Asociación de Dano Cerebral Adquirido da Coruña, será a causa social á que o Leyma Coruña quere mostrar o seu apoio durante o descanso do partido de mañá sábado ás 18:30 horas en Riazor, coincidindo coa celebración do Día Mundial do Ictus ese mesmo día.

Baixo o programa "17 Partidos, 17 Causas" que patrocina a Obra Social "la Caixa", o equipo LEB Ouro e o club baloncestístico darán visibilidade ao traballo que a entidade sen ánimo de lucro realiza na nosa cidade desde o ano 2000, cando comezou a súa andaina baixo o impulso de persoas afectadas de dano cerebral e as súas familias.

ADACECO e o Club Básquet Coruña unen a súa voz para facerse eco do recente manifesto da Federación Española de Dano Cerebral, no que se reivindica a normalización social das persoas que viven con dano cerecbral adquirido e as súas familias, lembrando que cada ano máis de 180.000 persoas reciben o alta en hospitais españois tras sufrir un ictus, un traumatismo cranioencefálico, un tumor cerebral, unha anoxia ou calquera enfermidade infecciosa no cerebro. Máis da metade destas persoas veranse obrigados a empezar novos proxectos de vida como consecuencia das secuelas resultantes da lesión.

Por iso, é necesario non só seguir avanzando na investigación e o tratamento médico para salvar a vida de persoas afectadas por unha lesión cerebral, senón que tamén é preciso garantir o seu dereito a vivir con dignidade, nunhas condicións que non menoscaben a súa saúde nin a das súas familias.

Desde aquí o noso chamamento ás administracións públicas e a todos os axentes implicados para mellorar esas condicións a nivel asistencial e de integración social, incluída a complicidade cidadá nunha realidade na que todos podemos vernos implicados directamente.

Ligazón ao manifesto do Día Nacional do dano cerebral adquirido






non á violencia de xénero
Xunta de Galicia


Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestoXacobeo 21·22xunta de galiciaayuntamiento de a coruñagbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.obra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankaltiaagra das mil medasmacronabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pomboarkivoltaad grupo regueiraaurencentro negocios finisterreGrupo Alumandos deportemarineda citysavills aguirre newmanprivate bank citiTradisco, Tratamientos de construcciónGrupo Liñagar