Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información
LEB ORO: Palencia - Leyma Coruña · 06/12/2020 18:00 Palacio de los Deportes de Riazor || Cadete Fem. 1ªDiv: Básquet Coruña Leyma C - CB Arxil · 05/12/2020 16:30 Polideportivo Riazor 2 || Cadete Masc. 1ªDiv: Básquet Coruña C - BALIDEA Obradoiro · 06/12/2020 12:00 Polideportivo Riazor 2 || Infantil Masc. 1ªDiv: CENOR Obradoiro - Básquet Coruña I · 06/12/2020 12:00 Pabellón Lorenzo de la Torre || Infantil Fem. 1ªDiv: Básquet Coruña Leyma I - BAXI Ferrol · 05/12/2020 12:00 Polideportivo Ventorrillo

Primer equipo | 17/12/2016 00:18

O Leyma Coruña cae ante o TAU Castelló nun igualado e duro partido

El Leyma Coruña cae ante el TAU Castelló en un igualado y duro partido

O Leyma Coruña caeu esta noite ante o TAU Castelló tras un igualado partido que os laranxas controlaron a intres. O encontro comezou con dominio dos locais, que no arranque do segundo tempo chegaron a porse dez puntos arriba, pero o conxunto herculino reaccionou ben, xogando con ritmo e exercendo unha boa defensa, mostra do traballo de toda a semana baixo as ordes de Tito Díaz.

De feito, o partido púxose costa arriba para os locais mediado o segundo cuarto, cun brillante Dago Pena cargado de artillaría desde a liña de tres, e un non menos revulsivo Zach Monaghan con bos escintileos en asistencias e tiro exterior. O traballo en equipo tivo o seu merecido froito e os laranxas chegaron ao descanso cinco puntos arriba (44-49), unha distancia que practicamente lograron manter ao finalizar o terceiro cuarto (63-67), co que todo quedaba por decidirse no último período.

Foi nese tramo final, especialmente no últimos catro minutos, cando a sorte caeu ao lado dos locais, que foron capaces de exercer unha boa defensa sen cometer faltas, unha situación moi diferente da que viviron os herculinos e que condicionou o seu xogo e as súas opcións de vitoria.

Tras o choque, o técnico Tito Díaz felicitou ao TAU Castelló polo seu triunfo nun partido que considerou duro, bonito e igualado, que "escapóusenos ao final, cando estabamos a 71-75 (a 4 minutos do final), cun parcial 17-7; moi ben Castelló que soubo aguantar, nós tivemos ritmo, xogamos ben a intres e faltounos rematalo".

O próximo duelo para o Leyma Coruña será en casa, este mesmo martes 20 ás 20:30 horas. O apoio da marea laranxa é o mellor bálsamo para curarse da derrota e para saltar á pista dispostos a seguir exhibindo bo baloncesto e fame dunha nova vitoria, esta vez fronte ao guipuscoano RETAbet.es GBC.

Documentos adjuntos

audio-tito-diaz--post-j15.m4a







non á violencia de xénero

Xunta de Galicia

Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.fundación emalcsadeporte solidarioobra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankiberostaraltiaagra das mil medasmacronabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pomboarkivoltaad grupo regueiraaurencentro negocios finisterreGrupo Alumandos deportemarineda city