Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información
LEB ORO: TAU Castellón - Leyma Coruña · 09/05/2021 12:00 Castellón || Senior Fem. 1ªDiv: BAXI FERROL - Basquet Coruña Leyma S · 09/05/2021 19:00 Polideportivo Esteiro || Senior Masc. 2ªDiv: Calvo Artai - Básquet Coruña S · 09/05/2021 12:30 Pavillón Vila de Noia - Zona Escolar || Senior Masc. 3ªDiv: Idefic Imatia Básquet Coruña - Club Baloncesto Cambre · 09/05/2021 19:30 Polideportivo Riazor 1 || Junior Masc. 2ªDiv: Club Baloncesto Cambre - Básquet Coruña J · 09/05/2021 16:30 Polideportivo Municipal Sofía Toro || Junior Fem. 1ªDiv: Básquet Coruña Leyma J - Colexio Mariano · 08/05/2021 16:00 Polideportivo Riazor 2 || Junior Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña 03/04 - Compañía de María · 09/05/2021 16:00 Polideportivo Riazor 2 || Cadete Fem. 1ªDiv: Maristas Coruña - Básquet Coruña Leyma C · 09/05/2021 17:00 Colegio Maristas || Cadete Fem. 2ªDiv: CB Arteixo - Básquet Coruña Leyma U15 · 09/05/2021 19:30 Pazo dos Deportes de Arteixo || Cadete Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña 06/05 - Esclavas · 09/05/2021 12:30 Polideportivo Ventorrillo || Cadete Masc. 2ªDiv: Dominicos - Básquet Coruña U16 · 09/05/2021 19:00 Colegio Salesianos || Infantil Masc. 1ªDiv: Básquet Coruña I - Montrove · 08/05/2021 18:30 Polideportivo Riazor 2 || Pre-Inf Masc. 1ºDiv: Autos Gonzalez Seis do Nadal - Básquet Coruña U13 · 08/05/2021 12:15 Navia || Infantil Fem. 1ªDiv: Básquet Coruña Leyma I - Salesianos Vigo A · 08/05/2021 12:30 Polideportivo Riazor 2 || Infantil Fem. 2ªDiv: Básquet Coruña Leyma U14 - Esclavas · 09/05/2021 10:00 Polideportivo Ventorrillo || Infantil Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña U14 - Esclavas · 08/05/2021 10:00 Polideportivo Riazor 2 || Minibasquet Fem. 1ªDiv: Básquet Coruña Leyma U12 - Carmelitas Caldaria ALV Femn · 08/05/2021 12:30 Polideportivo Ventorrillo || Minibasquet Masc. 1ªDiv: Básquet Coruña U12 - KFC COsta Artabra · 08/05/2021 10:00 Polideportivo Ventorrillo || Minibasquet Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña Mini U12 - Santo Domingo Betanzos · 08/05/2021 16:30 Polideportivo Agra II P-1 || Infantil Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña 07 - Montrove · 09/05/2021 19:00 Polideportivo Riazor 2 || Premini Fem. 2ºDiv: Básquet Coruña Leyma U10 - Montrove · 09/05/2021 09:30 Polideportivo Agra II P-1 || Premini Masc. 2ºDiv: Básquet Coruña U10 - Golfiños Sada · 09/05/2021 11:15 Polideportivo Agra II P-1 || Premini Masc. 2ºDiv: Compañía de María Blanco - Basquet Coruña U9 · 08/05/2021 09:30 Polideportivo Agra II P-3 || Minibasquet Fem. 2ªDiv: Esclavas - Básquet Coruña Leyma U11 · 08/05/2021 13:00 Polideportivo Agra II P-1 || Infantil Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña 08 - Cambre · 09/05/2021 10:00 Polideportivo Riazor 2 || Premini Fem. 2ºDiv: Basquet Coruña Leyma U9 - KFC Culleredo · 09/05/2021 13:00 Polideportivo Agra II P-3 || Minibasquet Masc. 2ªDiv: Basket Xiria 2009 - Basquet Coruña Mini 09 · 09/05/2021 11:15 Polideportivo Agra II P-3

Primer equipo | 12/07/2018 20:26

O Leyma Coruña anuncia a renovación de Zach Monaghan

El Leyma Coruña anuncia la renovación de Zach Monaghan

O Leyma Coruña presentou esta mañá importantes novidades de face á próxima tempada 2018-2019, para a que desde hoxe mesmo lanza a súa nova campaña de abonados baixo a lema ?Nóstaménpodemos?, á vez que anuncia a continuidade dun dos seus xogadores referencia, a base americano Zach Monaghan, quen se une a Larry Abia nas filas do primeiro equipo.

Mentres que nas oficinas do club trabállase intensamente na conformación do persoal do equipo LEB Ouro buscando as pezas que complementes a Abia e Monaghan para seguir crecendo na competición, os afeccionados laranxas xa poden facerse cos seus carnés de tempada para seguir gozando do bo baloncesto e levantando á escuadra coruñesa cara a metas altas.

A presentación da campaña de abonos realizouse esta mañá nas instalacións de Duacode, partner habitual do club na xestión da súa páxina web, ao que engadirá agora o seu traballo no deseño da nova imaxe de marca do club laranxa, como explicou o vicepresidente Juan Carlos Fernández Ferreiro.

Neste sentido, hoxe produciuse tamén a presentación do novo escudo do club, que busca unha imaxe máis actual, pero sempre mantendo os elementos identificativos do seu predecesor. De igual modo presentouse a nova camiseta principal da tempada que pretende evocar grandes momentos do deporte da cidade, e que define o camiño do total da campaña, co slogan #Nóstaménpodemos e o claim Forza Coruña.

Bonificacións ata o 15 de agosto

Os prezos dos abonos mantéñense para a nova tempada e todos eles teñen unha bonificación se se adquiren antes do 15 de agosto. Así, o abono familiar, que inclúe a dous adultos e os fillos menores de 18 anos, pode adquirirse antes desa data por 150 euros, o abono senior ?de 25 anos en diante- por 90 euros, e o especial ?menores de 25 anos - por 50 euros.

Desde o 15 de agosto en diante, os prezos destes abonos son 200 euros para o familiar, 100 euros para o senior e 60 euros para o especial.

Todos eles son prezos son válidos para os partidos en casa durante a tempada regular, sen incluír Día do Club e Play-Off.

Prezos para socios e familiares de xogadores/as

No caso dos socios, tanto as altas como as renovacións teñen un prezo de 150 euros para o primeiro carné, coa opción de recibir un segundo carné de cortesía por 75 euros máis. Como novidade os socios poderán adquirir abonos para os seus fillos menores de 18 anos, aínda prezo de 10 ?. Ademais dos encontros da tempada regular, a condición de socio dá dereito a presenciar as disputas dos Días do Club e dos Play-Off, a reservar asento na bancada, e a participar nas asembleas da entidade deportiva con voz e voto.

Os deportistas do club e os seus familiares reciben un trato especial, de modo que a entrada aos partidos é gratuíta para todos os xogadores da base, mentres que para os pais e nais o primeiro abono custa 40 euros e o segundo 20 euros e, finalmente, os irmáns/as poden retirar o seu carné abonando 10 euros. Como en tempadas anteriores, mantense o desconto do 50% para exjugadores do club.

Campaña especial 1máis1

Como novidade, o club laranxa lanza a campaña especial 1máis1, pola que se un abonado da tempada 2017/18 renova e trae ademais un abonado novo de igual ou maior valor, realízaselle un desconto do 50% no seu carné sobre o prezo xeral. Esta promoción é válida para todas as clases de abonos e para os socios.

No mes de setembro o Club Básquet Coruña contactará con socios e abonados para facerlles entrega dos seus respectivos pases.

Tanto as renovacións e altas como socio así como a compra de abonos poden realizarse xa nas oficinas do Club (con horario de 10 a 14 horas de luns a venres e de 16:30 a 20 horas os venres), en cálea Arquitecto Rei Pedreira 3, baixo, así como en liña, na web do club www.basquetcoruna.com






non á violencia de xénero
Xunta de Galicia


Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.obra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankaltiaagra das mil medasmacronabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pomboarkivoltaad grupo regueiraaurencentro negocios finisterreGrupo Alumandos deportemarineda city