Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información

Primer equipo | 07/04/2015 12:14

O Leyma continúa coa súa preparación

El Leyma continúa con su preparación

Continúa a preparación do equipo para o partido que o venres se disputará en Melilla no pavillón Javier Imbroda, un partido decisivo nas aspiracións do Leyma Basquet Coruña para poder manter as posibilidades de playoff de ascenso á ACB.

O corpo técnico corrixe os últimos detalles antes do partido do venres, ante un rival ao que xa se lle venceu na primeira volta por un marcador de 75-65 e ao que se tratará de volver gañar nesta segunda volta a domicilio.

Varios xogadores do equipo continuarán facendo as tradicionais visitas a colexios que levan facendo durante toda a tempada, hoxe martes Jesús Castro e Laszlo Dobos serán os encargados de pasar un intre divertido coas máis pequenos, e mañá serán Larry Abia e Albert Homs os que realizarán ditas visitas. 

O partido será o vindeiro venres ás 21 horas e poderá seguirse por febtv.

 






non á violencia de xénero
Xunta de Galicia


Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestoXacobeo 21·22xunta de galiciaayuntamiento de a coruñagbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.obra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankaltiaagra das mil medasmacronabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pomboarkivoltaad grupo regueiraaurencentro negocios finisterreGrupo Alumandos deportemarineda citysavills aguirre newmanprivate bank citiTradisco, Tratamientos de construcciónGrupo Liñagar