Primer equipo | 25/10/2014 16:45
O Leyma cae derrotado en Huesca (83-73)

O partido comezou moi ben para os nosos que, como sinalara Perico na previa, obtiñan vantaxes xogando en situacións de balón interior, os nosos pivots dominaban a pintura e o rebote, o que permitía ter moita fluidez en ataque. Aos poucos, iamos logrando vantaxes no marcador que cada vez eran máis importantes, ata chegar a unha vantaxe de 15 puntos ao termo do primeiro cuarto.
No arranque do segundo cuarto, a cousa cambiou, ao equipo custáballe máis organizarse en ataque e conectar cos pivots, esa falta de fluidez en ataque, xunto ao acerto no tiro nos locais, facía que as distancias no marcador se reducisen ata chegar cunha vantaxe de unicamente 8 puntos ao descanso (32-40).
Tras o paso polo vestiario, os problemas en organización do ataque mantíñanse, ao que se lle uniu outro elemento engadido, a dificultade para pechar o rebote defensivo, e concedendo segundas e terceiras opcións, o que provocaba que as distancias no marcador seguisen diminuíndo, ata ceder a iniciativa no electrónico ao termo do cuarto (53-51).
Seguindo coa mesma dinámica que no segundo e terceiro cuarto, no último período, os nosos non puideron corrixir os erros que estaban a cometer e os locais seguían aumentando as distancias no marcador ata chegar aos 10 puntos de desvantaxe cos que se terminou o partido. (83-73)
É momento de corrixir erros, recuperar forzas e preparar o partido do próximo sábado fronte ao Breogán en Lugo.
PENAS HUESCA 83: (7+25+21+30) Lafuente (-), Edgar Vicedo (12), Josep Pérez (11), Troutman (23), Salash (8). Tamén xogaron: Orukpe (2), Jorge Sanz (8), Brizuela (18), Hart (-), Zhigulin (1)
LEYMA BÁSQUET CORUÑA 73: (22+18+11+22) Rowley (10), Vujasinovic (6), Larry Abia (-), Petrovic (4), Jesús Castro (18). Tamén xogaron: Anxo Hernández (5), Mutakabbir (-), Dobos (10), Homs (1), Burjanadze (19).