Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información

Primer equipo | 07/04/2016 08:48

O Leyma Básquet Coruña viaxa a Pamplona en busca da vantaxe de campo para o playoff

El Leyma Básquet Coruña viaja a Pamplona en busca de la ventaja de campo para el playoff

Tras certificar a súa clasificación á fase de playoff para o ascenso á ACB grazas á vitoria do pasado venres contra o Barcelona Lassa, o Leyma Básquet Coruña viaxa mañá a terras navarras en busca da que sería a súa sexta vitoria consecutiva fose de casa.

Na rolda de prensa previa ao encontro, o adestrador Tito Diaz sinalou que probablemente se trate dun dos partidos máis difíciles da segunda volta, en parte debido á situación do conxunto navarro, urxido dunha vitoria que o salve dos postos de descenso que ocupa na táboa.

Ademais, o técnico laranxa indicou que o rival do venres xa demostrou na ida a calidade do seu plantel, reforzado desde xaneiro polo pivot ruso Yaroslav Korolev, con ampla traxectoria ao máis alto nivel do baloncesto. Na súa opinión, o Planasa Navarra destaca por exhibir un dos mellores xogos interiores da liga, grazas aos seus pivotes Oliver Arteaga e Maodo Nguirane e, na posición de 4, Iván García e Korolev, quen tamén pode xogar de alero en substitución do recentemente lesionado Sergio Rodríguez. E isto sen esquecer a efectividade na liña exterior de xogadores como Iñaki Narros, Joaquín Bonhome e Guillermo Xusto, así como a complementariedade de Enric Garrido e Miki Servera na posición de base.

"Esperamos un partido duro e complicado, ante un equipo especialmente forte en casa", asegurou Tito Díaz, lembrando que os navarros colleitaron na súa pista oito das suas nove vitorias, a última contra o líder indiscutible, os Queixos Cerrato Palencia.

Por tanto, subliña que os laranxas deberán facer "tal vez o mellor partido fóra de casa para poder competir pola vitoria", cun especial esforzo mental para facer fronte á complexidade e variedade táctica da defensa navarra, así como para xogar atrás con solidez e controlando o rebote e, cando chegue a ocasión, desenvolver o baloncesto rápido que marca o estilo coruñés, reducindo ao máximo as perdas de balón ante equipos perigosos e igualmente veloces como os navarros.

En calquera caso, Tito Díaz reitera que, de cara ao playoff, o máis importante é chegar ben, "sen lesionados, coa mesma ilusión e nivel de adestramento e traballo que estamos a ter". Iso si, se se logra a vantaxe de campo para a primeira eliminatoria, unha alegría máis.

Documentos adjuntos

audio-tito-diaz-previa-j29.m4a









Xunta de Galicia

Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñadeputación da coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.fundación emalcsadeporte solidarionon á violencia de xéneroobra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankiberostaraltiaagra das mil medaswibohorno sanbrandanabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pomboarkivoltatermariaad grupo regueiraaurencentro negocios finisterred calvodos deportegalimascota tanatoriosmarineda citymarineda city