O Leyma Básquet Coruña únese á campaña da Irmandade de Doantes de Sangue

Un autobús situado no parking do Palacio dos Deportes de Riazor acollerá esta iniciativa cuxo fin é aumentar as reservas de sangue tras a ponte da constitución.

A Irmandade de Doantes de Sangue da Coruña e o Centro de Transfusión de Galicia organiza unha campaña de doazón de sangue a semana do 13 ao 15 de outubro coa colaboración do Club Básquet Coruña. Son xa varios os anos nos que o Club colabora coa Irmandade e esta tempada amplíase o convenio.

Deste xeito, deporte, saúde e mocidade danse cita de novo na cidade para aumentar as reservas do Centro de Transfusión Sanguínea nunhas datas que aumenta a demanda.

O Leyma Básquet Coruña espera que a afluencia de doantes sexa masiva nesta ocasión. O club deportivo obsequiará a todos os doantes con dúas entradas para o partido co Ford Tizona Burgos que se disputará o venres 17 de outubro ás 21:00 horas no Palacio de Deportes de Riazor. A campaña comezará o luns 13 de outubro e terminará o mércores 15 de outubro.

O horario para doar sangue na Avenida de Manuel Murguía, no parking do Palacio dos Deportes de Riazor, será de 8.00 a 20.00 horas. Recoméndase acudir en horas de menor afluencia, é dicir, de 8.00 a 10.00 e de 14.00 a 17.00 horas. Esperámosvos a todos!