Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información
LEB ORO: Leyma Coruña - Palmer Alma Mediterránea Palma · 24/10/2021 20:00 Palacio de Deportes A Coruña || Senior Fem. 1ªDiv: BAXI Ferrol - Basquet Coruña Leyma S · 24/10/2021 19:00 Esteiro Mun || Senior Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña S - Instituto de Rosalía · 24/10/2021 16:00 Riazor 2 || Senior Masc. 3ªDiv: CD Xerion - Idefic Imatia Básquet Coruña · 24/10/2021 19:00 Novo Mesoiro || Junior Masc. 1ªDiv: SD Tui - Básquet Coruña J · 23/10/2021 18:00 Tui || Junior Fem. 1ªDiv: Básquet Coruña Leyma J - Arxil · 23/10/2021 16:00 Riazor 2 || Junior Masc. 2ªDiv: Maristas Coruña - Básquet Coruña U18 · 23/10/2021 10:00 Colegio Maristas || Cadete Fem. 1ªDiv: Básquet Coruña Leyma C - Instituto Rosalía · 24/10/2021 12:00 Riazor 2 || Cadete Masc. 1ªDiv: Básquet Coruña C - Instituto Rosalía · 23/10/2021 18:00 Riazor 2 || Cadete Masc. 2ªDiv: ACB Costa da Morte - Básquet Coruña U15 · 23/10/2021 16:00 Cee Mun || Cadete Masc. 2ªDiv: CB Arteixo Duacode - Básquet Coruña U16 · 23/10/2021 18:30 Pazo dos Deportes Arteixo || Infantil Masc. 1ªDiv: CB Costa Artabra - Básquet Coruña I · 24/10/2021 10:00 Javier Gomez Noya || Cadete Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña 07 - Obradoiro Masculino · 24/10/2021 12:00 Ventorrillo || Cadete Masc. 2ªDiv: Basquet Coruña 06-07 - Liceo La Paz · 23/10/2021 12:00 Ventorrillo || Cadete Fem. 2ªDiv: CD Calasanz - Basquet Coruña Leyma 06-07 · 23/10/2021 12:00 Colegio Calasanz

Primer equipo | 09/03/2016 14:02

O Leyma Básquet Coruña enfróntase a unhas Cociñas.com que encadea cinco vitorias

El Leyma Básquet Coruña se enfrenta a un Cocinas.com que encadena cinco victorias

O Leyma Básquet Coruña viaxa mañá a Logroño disposto a defender a súa posición de playoff ante as Cociñas.com, un rival perigoso a pesar do seu posto na zona baixa da táboa e ao que se enfrontará este venres ás 20:30 horas. Os homes de Antonio Pérez, ex técnico do club coruñés, acumulan cinco vitorias consecutivas, incluídos os choques contra o Palencia e o Melilla, o que confirma que "é o equipo máis en forma da liga neste momento", en palabras de Tito Díaz.

Na previa realizada esta mañá polo adestrador laranxa, destacou o xogo exterior das Cociñas.com, con tres beirados de longa experiencia na liga, como son Carles Bravo, Alfredo Ott e Alberto Ruiz de Galarreta, ao que se lle suma agora o mozo Alex Reyes e sen esquecer que Mike Carlson é realmente "un alero que xoga de catro", o que dota ao equipo dunha potente liña exterior altamente anotadora. Na dirección do xogo, destacou o bo facer de Borja Arévalo, o base máis reboteador da liga, cunha media de 7 por partido, ao que se engade a súa capacidade como pasador. No xogo interior, advertiu sobre a intensidade defensiva de xogadores moi físicos como Tunde Olumuyiwa, un dos artífices das altas cifras de rebote de ataque do seu equipo, 11 por partido.

En resumo, para Tito Díaz toca medirse contra un rival con "xogo físico, presencia baixo o aro, capacidade para anotar cos seus aleros e un base que dirixe, defende e rebotea", unha combinación que para o adestrador do Leyma Básquet Coruña xustifica sobradamente que os rioxanos haxan ido de menos a máis nunha competición na que os primeiros resultados non lles foron favorables. Non moi distinto á traxectoria dos laranxas.

Partido por tanto de máxima esixencia para o Leyma Básquet Coruña, ante un rival que fará todo o posible para asinar unha sexta vitoria consecutiva que lle asegure a permanencia e permítalle pensar mesmo nos playoff. Segundo Tito Díaz, os herculinos deben "facer un moi bo partido defensivo sobre os seus aleros, controlar o rebote e tratar de impor o noso ritmo de xogo". E seguir multiplicando e achegando todos, para seguir suplindo as baixas como nos últimos encontros. A meta dos playoff, a tan só seis xornadas de distancia.

Documentos adjuntos

audio-previa-tito-diaz-j25.m4a







non á violencia de xénero
Xunta de Galicia


Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestoXacobeo 21·22xunta de galiciaayuntamiento de a coruñagbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.obra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankaltiaagra das mil medasmacronabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pomboarkivoltaad grupo regueiraaurencentro negocios finisterreGrupo Alumandos deportemarineda citysavills aguirre newmanprivate bank citiTradisco, Tratamientos de construcciónGrupo LiñagarEstrella GaliciaSeat Cupra Mo Marineda Motor