Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información
LEB ORO: TAU Castellón - Leyma Coruña · 09/05/2021 12:00 Castellón || Senior Fem. 1ªDiv: BAXI FERROL - Basquet Coruña Leyma S · 09/05/2021 19:00 Polideportivo Esteiro || Senior Masc. 2ªDiv: Calvo Artai - Básquet Coruña S · 09/05/2021 12:30 Pavillón Vila de Noia - Zona Escolar || Senior Masc. 3ªDiv: Idefic Imatia Básquet Coruña - Club Baloncesto Cambre · 09/05/2021 19:30 Polideportivo Riazor 1 || Junior Masc. 2ªDiv: Club Baloncesto Cambre - Básquet Coruña J · 09/05/2021 16:30 Polideportivo Municipal Sofía Toro || Junior Fem. 1ªDiv: Básquet Coruña Leyma J - Colexio Mariano · 08/05/2021 16:00 Polideportivo Riazor 2 || Junior Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña 03/04 - Compañía de María · 09/05/2021 16:00 Polideportivo Riazor 2 || Cadete Fem. 1ªDiv: Maristas Coruña - Básquet Coruña Leyma C · 09/05/2021 17:00 Colegio Maristas || Cadete Fem. 2ªDiv: CB Arteixo - Básquet Coruña Leyma U15 · 09/05/2021 19:30 Pazo dos Deportes de Arteixo || Cadete Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña 06/05 - Esclavas · 09/05/2021 12:30 Polideportivo Ventorrillo || Cadete Masc. 2ªDiv: Dominicos - Básquet Coruña U16 · 09/05/2021 19:00 Colegio Salesianos || Infantil Masc. 1ªDiv: Básquet Coruña I - Montrove · 08/05/2021 18:30 Polideportivo Riazor 2 || Pre-Inf Masc. 1ºDiv: Autos Gonzalez Seis do Nadal - Básquet Coruña U13 · 08/05/2021 12:15 Navia || Infantil Fem. 1ªDiv: Básquet Coruña Leyma I - Salesianos Vigo A · 08/05/2021 12:30 Polideportivo Riazor 2 || Infantil Fem. 2ªDiv: Básquet Coruña Leyma U14 - Esclavas · 09/05/2021 10:00 Polideportivo Ventorrillo || Infantil Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña U14 - Esclavas · 08/05/2021 10:00 Polideportivo Riazor 2 || Minibasquet Fem. 1ªDiv: Básquet Coruña Leyma U12 - Carmelitas Caldaria ALV Femn · 08/05/2021 12:30 Polideportivo Ventorrillo || Minibasquet Masc. 1ªDiv: Básquet Coruña U12 - KFC COsta Artabra · 08/05/2021 10:00 Polideportivo Ventorrillo || Minibasquet Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña Mini U12 - Santo Domingo Betanzos · 08/05/2021 16:30 Polideportivo Agra II P-1 || Infantil Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña 07 - Montrove · 09/05/2021 19:00 Polideportivo Riazor 2 || Premini Fem. 2ºDiv: Básquet Coruña Leyma U10 - Montrove · 09/05/2021 09:30 Polideportivo Agra II P-1 || Premini Masc. 2ºDiv: Básquet Coruña U10 - Golfiños Sada · 09/05/2021 11:15 Polideportivo Agra II P-1 || Premini Masc. 2ºDiv: Compañía de María Blanco - Basquet Coruña U9 · 08/05/2021 09:30 Polideportivo Agra II P-3 || Minibasquet Fem. 2ªDiv: Esclavas - Básquet Coruña Leyma U11 · 08/05/2021 13:00 Polideportivo Agra II P-1 || Infantil Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña 08 - Cambre · 09/05/2021 10:00 Polideportivo Riazor 2 || Premini Fem. 2ºDiv: Basquet Coruña Leyma U9 - KFC Culleredo · 09/05/2021 13:00 Polideportivo Agra II P-3 || Minibasquet Masc. 2ªDiv: Basket Xiria 2009 - Basquet Coruña Mini 09 · 09/05/2021 11:15 Polideportivo Agra II P-3

Primer equipo | 18/09/2015 20:56

O Leyma Básquet Coruña presenta o XXIX Trofeo Teresa Herrera de baloncesto

El Leyma Básquet Coruña presenta el XXIX Trofeo Teresa Herrera de baloncesto

O presidente do Club Leyma Básquet Coruña, Juan Carlos Fernández, e o concelleiro de Deporte do Concello da Coruña, José Manuel Sande, presentaron esta mañá o XXIX Trofeo Teresa Herrera de Baloncesto, unha das citas máis emblemáticas desta modalidade deportiva en Galicia e tradicionalmente o encontro máis relevante da pretemporada do equipo LEB Ouro da Coruña.
Neste torneo a partido único que terá lugar o domingo 27 ás 18:00 horas no Palacio de Deportes de Riazor, o equipo local tentará revalidar a vitoria do pasado ano contra o Club Ourense Baloncesto, que por terceira vez consecutiva é o rival en liza. Augúrase por tanto un derbi de alto nivel e a visita de moitos ourensáns á nosa cidade.
No acto desta mañá o primeiro equipo estivo representado por Beqa Burjanadze. A á-pivote xeorxiano pasou onte os recoñecementos médicos e incorporouse aos adestramentos, tras competir no Eurobasket 2015 coa súa selección nacional, que caeu nos oitavos de final. Hoxe xa xogará en Ourense a semifinal da XXX Copa Galicia contra o equipo local, o primeiro encontro de pretemporada no que Tito Díaz contará ca plantilla ao completo.
Juan Carlos Fernández quixo agradecer a colaboración do Concello da Coruña para o desenvolvemento do evento, comezando pola posta a disposición do Palacio dos Deportes de Riazor, que ademais é a casa na que adestra e compite o primeiro equipo ao longo de todo o ano. Igualmente agradeceu o apoio municipal en todas as actividades que o club desenvolve regularmente para a promoción do baloncesto e os seus valores entre os mozos.
O presidente da entidade destacou a importancia de unir sinerxías entre os diversos clubs e modalidades deportivas da cidade, e neste contexto enmarcou por exemplo os descontos cruzados que gozan os abonados do Dépor e do Leyma Básquet Coruña, e a celebración do Teresa Herrera de Baloncesto o domingo 27 ás 18:00 horas, xusto despois do partido do Dépor contra o Espanyol fixado para as 16:00 horas en Riazor. Con estes dous partidos de fútbol e baloncesto ?buscamos ofrecer a todos os coruñeses e a toda a afección unha tarde de deporte espectacular, algo que consideramos positivo para a cidade?, asegurou.
Partido gratuíto para todos os públicos grazas a Leyma
O XXIX Teresa Herrera de Baloncesto celebrarase nunha xornada de portas abertas grazas ao apoio de Leyma, o principal patrocinador do Club, para quen Juan Carlos Fernández tivo tamén palabras de recoñecemento. Todos os veciños e afeccionados ao baloncesto poderán coñecer o novo cadro deportivo que, baixo o mando do seu adestrador Tito Díaz, levará o nome da Coruña ás outras cidades da competición e loitará por obter os mellores resultados na tempada 2015-2016. Así mesmo, as novas promesas da canteira do club apoiarán ao primeiro equipo neste encontro.
Nas últimas edicións deste trofeo, o Leyma Básquet Coruña loitou polo título fronte ao COB en tres ocasiones -2011, 2013 e 2014-, mentres que en 2012 fíxoo contra o Breogán. Deste catro ocasiones, só logrou a vitoria o pasado ano, superando ao conxunto ourensán en catro puntos (79-75).
Nesta posta de longo do equipo local ante a súa afección, xogadores e corpo técnico porán o mellor de si mesmos ao servizo do equipo, buscando xerar as mellores sensacións de face á tempada que arrinca o 2 de outubro.
Novo portal informativo do Club
Na presentación desta mañá o club baloncestístico presentou tamén o seu renovado sitio en internet. O presidente da entidade enmarcou a nova canle informativa no esforzo da directiva por mellorar o club en todas as súas dimensións, sendo a comunicación e o diálogo con toda a familia do Club Leyma Básquet Coruña, con toda a cidadanía e os axentes sociais un dos eixos de traballo fundamentais.
Por este motivo, a nova páxina exponse como un portal dinámico e funcional, no que prima a actualidade e no cal os protagonistas son os xogadores de todas as categorías do club. Cun estilo de xornal en liña, ofrece máis información, máis contidos audiovisuais e o seguimento do día a día da entidade. A nova páxina foi realizada por Duacode, e está dispoñible tanto en castelán como en galego, unha dobre versión de cuxo desenvolvemento se encargou Imaxin Software.
Así mesmo, o sitio está adaptado a dispositivos móbiles e optimizouse notablemente a usabilidade e a navegación, facilitando o acceso intuitivo e rápido ás noticias, os resultados das clasificacións, as promocións, etc.
Renovación de abonos en liña
Unha gran novidade é a posibilidade de renovar os abonos do club mediante unha pasarela online que aforrará colas e molestias á afección. Ademais, está prevista a retransmisión dos partidos do primeiro equipo vía streaming desde a propia web.
Nas próximas semanas completaranse algunhas das seccións pendentes, coincidindo co inicio da tempada, como os datos do persoal definitivo ou as actividades das escolas, para achegar aos afeccionados do baloncesto a máis completa información acerca da actualidade do club a todos os niveis.
A partir de agora o club disporá dunha ferramenta moito máis completa e accesible, que seguirá atendendo ao tres alicerces do club: as categorías basee, o primeiro equipo e a acción educativa e solidaria.
Juan Carlos Fernández finalizou a súa intervención animando aos coruñeses e coruñesas a unirse ao sentimento laranxa na campaña de abonados actualmente en marcha, subliñando o atractivo dunha modalidade deportiva que é unha excelente escola de valores e de cohesión social, e que ao mesmo tempo gratifica aos seus seguidores cun espectáculo cheo de paixón e emoción.







non á violencia de xénero
Xunta de Galicia


Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.obra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankaltiaagra das mil medasmacronabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pomboarkivoltaad grupo regueiraaurencentro negocios finisterreGrupo Alumandos deportemarineda city