Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información

Primer equipo | 15/03/2016 17:23

O Leyma Básquet Coruña ofrece prezos especiais para o partido deste sábado ante a Unión Financeira B. Oviedo

El Leyma Básquet Coruña ofrece precios especiales para el partido de este sábado ante el Unión Financiera B. Oviedo

A só cinco partidos de finalizar a liga regular e cun meritorio quinto posto na táboa, o Leyma Básquet Coruña regresa este sábado ás 18:30 horas ao Palacio dos Deportes de Riazor para enfrontarse á Unión Financeira Baloncesto Oviedo, que tan só ocupa un posto por baixo na clasificación. Os laranxas queren seguir contando, máis que nunca, coa calor da súa afección nesta recta final da competición para seguir sumando puntos e asegurar a súa participación nos playoff de ascenso á liga ACB.

Con este motivo, o club anuncia prezos especiais para este choque que promete emoción e que, se gañan os de Tito Díaz, suporía a cuarta vitoria consecutiva. A entrada de adulto custará 12 euros e a de menores de 18 anos, 6 euros. Os socios e abonados do Leyma Básquet Coruña poderán adquirir dúas entradas de adulto por un total de 5 euros e outras dúas para menores de 18 anos por 2 euros en total, mentres que para o caso dos abonados do Dépor, o prezo das entradas de adultos será de 6 euros cada unha e de 3 euros para as entradas de menores de 18 anos.

Ademais, dado que este partido do primeiro equipo coincide coa celebración do Día do Pai, o club baloncestístico ofrece a cada un dos xogadores e xogadoras das súas diversas categorías a posibilidade de retirar en despacho de billetes unha invitación para o seu pai, con quen gozar desde a bancada do espectáculo deportivo e do especial día en familia.






non á violencia de xénero
Xunta de Galicia


Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestoXacobeo 21·22xunta de galiciaayuntamiento de a coruñagbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.obra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankaltiaagra das mil medasmacronabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pomboarkivoltaad grupo regueiraaurencentro negocios finisterreGrupo Alumandos deportemarineda citysavills aguirre newmanprivate bank citiTradisco, Tratamientos de construcciónGrupo Liñagar