Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información

Primer equipo | 15/05/2016 19:10

O Leyma Básquet Coruña cae ante un Melilla Baloncesto que impuxo o seu estilo de xogo

El Leyma Básquet Coruña cae ante un Melilla Baloncesto que impuso su estilo de juego

O Leyma Básquet Coruña non puido hoxe cun Melilla Baloncesto que desde o primeiro momento despregou toda a súa superioridade, o seu físico e a súa experiencia, cunha férrea defensa que foi clave no seu obxectivo de forzar o quinto partido, que se celebrará este martes ás 21:00 horas en Melilla, tras vencer hoxe en Riazor cunha avultada vantaxe de 20 puntos (61-81).

Na rolda de prensa tras a disputa, o adestrador Tito Díaz recoñeceu que "hoxe pagamos o esforzo que fixemos para chegar ata aquí", en alusión ao cansazo acumulado pola dura serie de cuartos contra o Café Candelas Breogán, as viaxes a terras norteafricanas e a falta de tempo para reporse das lesións que arrastran algúns xogadores, como Ben Stelzer, Jesús Castro e Angel Hernández, que aínda así saíron á pista.

Na súa opinión, faltou frescura e ideas, "as defensas alternativas de Melilla non foron o problema, senón o non atopar o noso ritmo, salvo no primeiro cuarto no que puidemos correr". Porque, continuou o técnico, partindo da premisa que os melillenses "son mellores", é esencial que os coruñeses logren facer o seu estilo rápido, evitando que o partido se pare e o Melilla Baloncesto xogue cómodo. Porque o certo é que se o venres os locais marcaron o ritmo, hoxe a partitura foi dos da Cidade Autónoma.

Pero o Leyma Básquet Coruña descoñece o verbo renderse e mañá viaxará moi cedo de novo a Melilla a seguir demostrando por que cativou a unha afección que hoxe volveu encher o Palacio dos Deportes de Riazor e que aplaudiu aos seus gladiadores antes e despois do choque. Sen a menor dúbida, volverá dalo todo ata o último segundo e, como ben lembrou Tito Díaz, "demostramos que podemos caer pero non tardamos moito en levantarnos", sen ir máis lonxe, no segundo partido destas semifinais, co que os laranxas empataron a eliminatoria (1-1) despois de perder por 18 puntos. Segue o soño, segue a ilusión contra a experiencia.

Documentos adjuntos

audio-tito-diaz-post-j-4-semis-playoff.m4a







non á violencia de xénero
Xunta de Galicia


Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestoXacobeo 21·22xunta de galiciaayuntamiento de a coruñagbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.obra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankaltiaagra das mil medasmacronabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pomboarkivoltaad grupo regueiraaurencentro negocios finisterreGrupo Alumandos deportemarineda citysavills aguirre newmanprivate bank citiTradisco, Tratamientos de construcciónGrupo Liñagar