Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información

Primer equipo | 04/11/2020 16:17

O Hospital Quirónsalud A Coruña e o Club Básquet Coruña SAD renovan o seu convenio como servizo médico oficial do club.

El Hospital Quirónsalud A Coruña y el Club Básquet Coruña SAD renuevan su convenio como servicio médico oficial del club.

A Coruña, 4 de novembro de 2020.

O Hospital Quirónsalud A Coruña e o Club Básquet Coruña SAD renovaron por quinto ano consecutivo o seu convenio para prestar os servizos médicos do club e coidar así da saúde de todos os seus xogadores.

Con este convenio o Hospital Quirónsalud A Coruña realiza os recoñecementos médicos de pretemporada aos xogadores, a atención médica nos partidos e das lesións deportivas, así como o servizo de fisioterapia e a realización de probas de detección de Covid19.

O Xerente territorial de Quirónsalud Galicia, Carlos Paz manifestou ?estar moi contento de renovar o acordo, xa que é un club que encaixa moito cos valores que o grupo Quirónsalud transmite, a través da promoción de hábitos de vida saudables, os valores de esforzo e superación que caracterizan a todos os deportistas, que atopan na práctica do deporte un importante instrumento para o coidado da saúde e o benestar persoal.?

Pola súa banda, Roberto Cibeira afirmou que ?Estamos moi contentos de poder seguir contando co apoio dun grupo tan relevante como Quirónsalud, especialmente nunha tempada tan especial como esta, na que ademais do servizo habitual súmase o de todos os protocolos de prevención e detección do Covid-19. Supón para os nosos deportistas unha gran tranquilidade ter o soporte dun grupo tan relevante no sector da Saúde.?

O Hospital Quirónsalud a Coruña converteuse no centro de referencia para os xogadores do club ofrecendo unha completa infraestrutura técnica e humana. Ten no seu persoal un equipo médico de primeiro nivel que lle permite atender máis de 30 especialidades médicas e cirúrxicas, no que destaca o Servizo de Traumatología e Cirurxía Ortopédica formada por sete especialistas de gran prestixio.
Así mesmo, este centro hospitalario pon a disposición de todas as xogadoras unha completa dotación hospitalaria formada por un servizo de Urxencias 24 horas, seis quirófanos polivalentes, un departamento de Diagnóstico pola Imaxe, unha das máis modernas salas de Hemodinámica e Cardiología intervencionista da Illa e unha recentemente renovada Unidade de Coidados Intensivos. Tamén conta con 100 camas de hospitalización, distribuídas en 3 plantas.

Sobre Quirónsalud
Quirónsalud é o grupo hospitalario líder en España e, xunto co seu matriz Fresenius-Helios, tamén en Europa. Conta con máis de 40.000 profesionais en máis de 125 centros sanitarios, entre os que se atopan 50 hospitais que ofrecen preto de 7.000 camas hospitalarias. Dispón da tecnoloxía máis avanzada e dun gran equipo de profesionais altamente especializados e de prestixio internacional. Entre os seus centros, atópanse o Hospital Universitario Fundación Jiménez Díaz, Centro Médico Teknon, Ruber Internacional, Hospital Universitario Quirónsalud Madrid, Hospital Quirónsalud Barcelona, Hospital Universitario Dexeus, Policlínica de Gipuzkoa, Hospital Universitari Xeneral de Catalunya, Hospital Quirónsalud Sacro Corazón, etc.
O Grupo traballa na promoción da docencia (oito dos seus hospitais son universitarios) e a investigación médico-científica (conta co Instituto de Investigación Sanitaria da FJD, acreditado pola Secretaría de Estado de Investigación, Desenvolvemento e Innovación).
Así mesmo, o seu servizo asistencial está organizado en unidades e redes transversais que permiten optimizar a experiencia acumulada nos distintos centros e a translación clínica das súas investigacións. Actualmente, Quirónsalud está a desenvolver multitude de proxectos de investigación en toda España e moitos dos seus centros realizan neste ámbito un labor punteiro, sendo pioneiros en diferentes especialidades como oncoloxía, cardiología, endocrinoloxía, ginecología e neurología, entre outras.







non á violencia de xénero
Xunta de Galicia


Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestoXacobeo 21·22xunta de galiciaayuntamiento de a coruñagbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.obra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankaltiaagra das mil medasmacronabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pomboarkivoltaad grupo regueiraaurencentro negocios finisterreGrupo Alumandos deportemarineda citysavills aguirre newmanprivate bank citiTradisco, Tratamientos de construcciónGrupo Liñagar