Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información
|| Senior Fem. 1ªDiv: Fisiogal Centro de Fisioterapia - Basquet Coruña Leyma S · 29/11/2020 19:00 La Salle || Senior Masc. 2ªDiv: CB Arteixo Duacode - Básquet Coruña S · 28/11/2020 18:00 Pazo dos Deportes - Arteixo || Junior Fem. 1ªDiv: Básquet Coruña Leyma J - Maristas Coruña · 28/11/2020 12:00 Polideportivo Riazor 2 || Cadete Fem. 1ªDiv: Básquet Coruña Leyma C - Instituto Rosalia · 29/11/2020 10:00 Polideportivo Riazor 2 || Cadete Masc. 1ªDiv: Básquet Coruña C - KFC Culleredo · 29/11/2020 12:00 Polideportivo Riazor 2 || Infantil Fem. 1ªDiv: Básquet Coruña Leyma I - Montrove · 28/11/2020 12:00 Polideportivo Ventorrillo || Minibasquet Fem. 1ªDiv: KFC Culleredo - Básquet Coruña Leyma U12 · 29/11/2020 10:00 Pabellón O Burgo || Minibasquet Masc. 1ªDiv: Básquet Coruña U12 - KFC Culleredo · 29/11/2020 10:00 Polideportivo Ventorrillo

Equipos base | 07/05/2017 23:46

O equipo filial conquista unha merecida praza na liga EBA

El equipo filial conquista una merecida plaza en la liga EBA

Domingo de gran alegría en toda a familia laranxa e no baloncesto coruñés, co ascenso á liga EBA que esta tarde certificou na pista o noso equipo filial Leyma Básquet Coruña, comandado por Chiqui Barros.

Na final a catro celebrada hoxe na polideportiva 2 de Riazor, o equipo senior gañou pola mañá ás Construcións Castro PBB e no encontro definitivo da tarde fixo outro tanto fronte ao Cenor Obradoiro, cun emocionante final apertado que acabou en 73-71, outorgando aos nosos mozos xogadores a praza en liza para disputar a liga EBA a próxima tempada.

Os resultados da mañá foran:

Cenor Obradoiro CAB 73 - Calvo Basket Xiria 71
Leyma Basquet Coruña 69 - Construcións Castro PBB 59

No choque final da tarde contra Cenor Obradoiro noso Rubén Rei foi o gran capitán, con 28 puntos. O partido tivo tres primeiros cuartos con vantaxe no marcador e no xogo dos locais, cun Rubén Rei moi inspirado, secundado polo resto do equipo en defensa e rebote. No último cuarto chegou a reacción dos obradoiristas que a base de boas defensas provocaron perdas dos nosos, o que unido á súa mellora nas porcentaxes de tiro fíxolles pór as táboas no marcador. O final emocionante co acerto no tiro de Martín Belo e dous tiros libres de Diego Xusto e outro de Pablo López-Pizarro deu a vitoria aos laranxas.

Parciais: 1º 18-16, 2º 40-28, 3º 61-52, 4º 73-71.

Parabens a todo o sentimento laranxa e moi especialmente aos xogadores e corpo técnico, polo merecido premio a un gran traballo de equipo ao longo de toda a tempada!










Xunta de Galicia

Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.fundación emalcsadeporte solidarioobra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankiberostaraltiaagra das mil medasmacronabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pomboarkivoltaad grupo regueiraaurencentro negocios finisterreGrupo Alumandos deportemarineda citymarineda city