Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información
LEB ORO: Palencia - Leyma Coruña · 06/12/2020 18:00 Palacio de los Deportes de Riazor || Cadete Fem. 1ªDiv: Básquet Coruña Leyma C - CB Arxil · 05/12/2020 16:30 Polideportivo Riazor 2 || Cadete Masc. 1ªDiv: Básquet Coruña C - BALIDEA Obradoiro · 06/12/2020 12:00 Polideportivo Riazor 2 || Infantil Masc. 1ªDiv: CENOR Obradoiro - Básquet Coruña I · 06/12/2020 12:00 Pabellón Lorenzo de la Torre || Infantil Fem. 1ªDiv: Básquet Coruña Leyma I - BAXI Ferrol · 05/12/2020 12:00 Polideportivo Ventorrillo

Primer equipo | 08/02/2015 17:56

O derby foise para Lugo (57-62)

El derby se fue para Lugo (57-62)

O partido comezou resultou moi igualado durante os 40 minutos, con vantaxes para un e outro equipo, aínda que o equipo lucense foi o que máis tempo levou a iniciativa no marcador. A primeira parte transcorreu nun intercambio constante de golpes para un e outro equipo. 

O Leyma aferrábase á defensa tentando un partido a poucos puntos e lograba controlar ao rival. Durante a primeira parte os cambios na iniciativa no marcado eran constantes, basta dicir, que a máxima vantaxe desta primeira vantaxe, foi o 5-0 inicial do Leyma. A igualdade non só se reflectía no marcador, senón que o resto de apartados estatísticos: rebotes, asistencias, perdas? todo estaba máis ou menos igualado. 27 a 26 para o Leyma foi o marcador ao termo dos 20 primeiros minutos.

O paso polos vestiarios sentara mellor aos visitantes, que se mostraban máis acertados ante un Leyma ao que lle custaba atopar situacións de tiro cómodas para anotar. Así, aos poucos, o Breogán foi aos poucos cimentando a súa vantaxe. Con 41 a 46 no marcador terminou este terceiro período.

O arranque do último cuarto, non ía ser mellor para os nosos  que se mantiñan moi desacertados no tiro exterior, o Breogán lograba así,  unha vantaxe que chegou a ser de ata 11 puntos ao comezo deste último cuarto (41-52) unha vantaxe que o Leyma, a pesar de que o tentou, non logrou neutralizar e sucumbiu fronte aos veciños de Lugo por 57 a 62.

A próxima semana, será semana de descanso para os nosos, para o día 20 de febreiro, volver xogar no Palacio dos Deportes fronte ao Clínicas Recuncho.

LEYMA BÁSQUET CORUÑA 57 (13+14+14+16) Anxo Hdez (-), Burjanadze (6),Rowley (6), Abia (3), Jesús Castro (20). Tamén jugadaron: Laszlo Dobos (3), Vujasinovic (-), Mutakabbir (9), Petrovic (5) e Homs (6)

RIBEIRA SACRA BREOGÁN 62 (15+11+20+16) Dani López (14), Llorca (23), Matulionis (2), Mc Ghee (9), Van Wijk (4). Tamén xogaron: Chapela (-), Mortellaro (-), Samb (2), Alex López (2), Brandon Edwards (6).

 Estatísticas do partido 







non á violencia de xénero

Xunta de Galicia

Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.fundación emalcsadeporte solidarioobra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankiberostaraltiaagra das mil medasmacronabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pomboarkivoltaad grupo regueiraaurencentro negocios finisterreGrupo Alumandos deportemarineda city