O derbi queda en casa

O Leyma Coruña imponse a Ibereólica Renovables Ourense por 86-75, neste derbi patrocinado por R, certificando o seu paso á segunda fase da liga nesta tempada.

Comezaba o derbi trabado por parte de ambos os conxuntos. O primeiro cuarto terminaba 17-18, un abaixo no marcador, pero con igualdade na cancha.

Con todo, no segundo cuarto o COB tiña maior fortuna cos seus tiros, mentres que os locais vían como o aro non estaba de face. Aínda así, os xogadores de Sergio García continuaban tirando e loitando cada balón. O resultado ao descanso foi de 32-37.

Á volta do vestiario o partido deu un xiro de 180º e tivo un claro dominador, o conxunto laranxa. O equipo se enchufó ao 100% e a base de traballo en defensa e fortuna na anotación dos tiros, acabou por imporse tanto no terceiro cuarto por 57-56 como ao final do encontro por 86-75.

O terceiro cuarto foi de recuperar sensacións, e o cuarto final foi de certificar a vitoria. De novo, a conexión do persoal foi clave para obter a vitoria.

Esta vitoria, ademais de ser a novena da tempada, certifica matematicamente o pase do equipo á segunda fase da competición.

O vindeiro venres ás 20:00 horas nova cita do conxunto coruñés, que se despraza ata Palencia para xogar fronte a Destino Palencia.