O debut en Leb Ouro do Leyma Coruña nesta campaña ante o Carramimbre Valladolid, unha homenaxe a Anxo Hernández

O excapitán do Leyma Coruña Anxo Hernández recibirá a calor da afección laranxa este venres no debut do equipo coruñés na Leb Ouro ante o Carramimbre Valladolid ás 20.45 horas.

A homenaxe a Anxo, que colgou as botas esta tempada para poder centrarse no MIR, é un recoñecemento á traxectoria tanto deportiva como humana dun xogador que deu grandes alegrías, tanto dentro como fóra da cancha, e destacou, ademais, polo seu gran valor humano.

No verán xa recibiu unha homenaxe no Sushi&Beers rodeado de familiares e amigos coa entrega dun un cadro conmemorativo que lle fixo entrega o club cos seus números co Leyma Coruña, ao que hai que sumar os seus incontables intangibles.

Este venres terá un novo recoñecemento, ao abrigo da afección laranxa que acuda ao Palacio dos Deportes de Riazor e de todas as categorías inferiores, e de modo simbólico xogadores e xogadoras de base faranlle no receso do encontro un corredor.

Un modo de agradecerlle o seu cinco anos de compromiso co Leyma Coruña e moitos éxitos nesta nova etapa que emprende a nivel persoal e profesional.