Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información

Actividades | 10/12/2015 11:44

O Club Leyma Básquet Coruña e Equus Zebra recollerán este venres roupa usada para colectivos desfavorecidos

El Club Leyma Básquet Coruña y Equus Zebra recogerán este viernes ropa usada para colectivos desfavorecidos

O Club Leyma Básquet Coruña organiza unha campaña de recollida de roupa usada en colaboración coa ONGD coruñesa Equus Zebra, que será destinada a colectivos desfavorecidos da nosa cidade. Para tal fin, durante o partido que o primeiro equipo disputará este venres ás 21:00 horas no Palacio dos Deportes de Riazor habilitarase un punto de recollida no hall de entrada.

Quen desexen colaborar con esta acción solidaria poden entregar roupa de vestir, roupa do fogar, marroquinería -bolsos de man, cintos- e calzado. Desde a entidade social solicítase que estas doazóns se entreguen en bolsas de lixo de ata 50 litros de capacidade, pechadas. É importante que a roupa estea limpa e seca posto que se contén pintura, graxa ou humidade non é reciclable. Así mesmo, é preferible que se entregue a roupa usada separada dos zapatos e a marroquinería.

A acción enmárcase no programa solidario que o Club Leyma Básquet Coruña desenvolve baixo a lema ?15 Partidos, 15 Causas? e o patrocinio da Obra Social ?a Caixa?. Equus Zebra será a entidade protagonista deste venres durante o descanso do partido contra o Cáceres Patrimonio da Humanidade no Palacio dos Deportes de Riazor.

Búscase así dar visibilidade ao traballo que a Organización Non Gobernamental para o Desenvolvemento nacida na Coruña no ano 2000, realiza coas persoas e colectivos empobrecidos e excluídos, especialmente novos e poboación inmigrante da nosa cidade, así como a súa contribución a mellorar a vida en países africanos como Senegal, Camerún e Uganda.








Xunta de Galicia

Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñadeputación da coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.fundación emalcsadeporte solidarionon á violencia de xéneroobra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankiberostaraltiaagra das mil medaswibohorno sanbrandanabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pomboarkivoltatermariaad grupo regueiraaurencentro negocios finisterred calvodos deportegalimascota tanatoriosmarineda citymarineda city