Primer equipo | 01/06/2017 21:12
O Club Leyma Básquet Coruña anuncia que Tito Díaz non seguirá como adestrador do primeiro equipo

O Club Leyma Básquet Coruña anuncia a súa decisión de non renovar a Tito Díaz como adestrador do primeiro equipo, tras finalizar a súa relación contractual o pasado mes de maio.
O club considera que finalizou un ciclo de catro anos moi satisfactorio para ambas as partes, polo que quere mostrar o seu agradecemento ao técnico pola súa intensa dedicación no últimas catro tempadas, nas que o Leyma Coruña logrou crecer e consolidarse na segunda categoría do baloncesto nacional, disputando en tres ocasiones -nas dúas últimas tempadas de modo consecutivo- os playoff de ascenso á ACB.
A directiva segue traballando actualmente na configuración do equipo para a próxima campaña, xunto coa planificación de todas as categorías basee e escolas de baloncesto, nas que nesta última tempada participaron máis de 700 mozos da cidade da Coruña.