Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información
LEB ORO: Palencia - Leyma Coruña · 06/12/2020 18:00 Palacio de los Deportes de Riazor || Cadete Fem. 1ªDiv: Básquet Coruña Leyma C - CB Arxil · 05/12/2020 16:30 Polideportivo Riazor 2 || Cadete Masc. 1ªDiv: Básquet Coruña C - BALIDEA Obradoiro · 06/12/2020 12:00 Polideportivo Riazor 2 || Infantil Masc. 1ªDiv: CENOR Obradoiro - Básquet Coruña I · 06/12/2020 12:00 Pabellón Lorenzo de la Torre || Infantil Fem. 1ªDiv: Básquet Coruña Leyma I - BAXI Ferrol · 05/12/2020 12:00 Polideportivo Ventorrillo

Actividades | 25/05/2017 13:40

O Club colabora coa AECC na V Carreira contra o Cancro

El Club colabora con la AECC en la VI Carrera contra el Cáncer

Do mesmo xeito que no cinco anteriores edicións, o Club Básquet Coruña colabora coa Asociación Española Contra o Cancro (AECC) na organización dunha nova proba deportiva de carácter solidario, a V Carreira contra o Cancro, que terá lugar o domingo 4 de xuño.

Co fin de fomentar a participación da cidadanía, o evento engloba probas para diversas modalidades, todas elas baixo a lema "En marcha contra o cancro", que se desenvolverán entre as 10:30 e 13:00 horas. A Carreira Absoluta percorrerá 6.450 metros desde o Obelisco ata o Club de Mar, mentres que a Marcha Popular Solidaria, aberta a todas as idades e condicións físicas, comprende 1.850 metros da avenida da Mariña e o Parrote. Tamén haberá probas para corredores das categorías infantís, de prebenxamín a xuvenil.

Todos os beneficios destinaranse á investigación e aos programas que realiza a Xunta Provincial da Coruña da AECC. O prazo de inscrición finaliza o 30 de maio e pode realizarse presencialmente nas oficinas da AECC na praza Mestre Mateo, ou ben na web www.championchipnorte.com

Participa nas probas ou como voluntario!

Ademais de colaborar nas tarefas organizativas, o Club Básquet Coruña apoia este proxecto animando aos equipos basee, aos seus amigos e familiares, a participar nas probas ou ben a apuntarse como voluntarios, expondo a cita como unha festa de final de tempada.

A ela uniuse xa o capitán do noso primeiro equipo, Anxo Hernández, que a través das redes sociais do club expresou o seu apoio e invitación a acompañarlle nesta iniciativa.

Podedes colaborar de diversos modos, ben inscribíndovos nalgunha das probas, ben realizando unha achega solidaria de 5 euros na plataforma www.championchipnorte.com, ou axudando como voluntarios. Neste último caso só tedes que enviar unha mensaxe ao correo do club, club@basquetcoruna.com 

Alta participación mostra de solidariedade

As cotas para participar nas probas deportivas son de 2 euros para prebenxamíns, 3 para benxamíns, alevíns, infantís e cadetes, 7 para júniors, promesas, séniors, e veteráns e, finalmente, 5 euros no caso da Marcha Popular Solidaria. Xunto co dorsal de participación entregarase unha camiseta conmemorativa.

Toda a información relativa á carreira irase actualizando nas webs www.championchipnorte.com , www.aecc.es , e www.coruna.gal/carreiraspopulares


Desde a AECCC espérase unha alta participación, que converterá a xornada nunha nova demostración da solidariedade da cidadanía coruñesa, á que tamén se convida a gozar das actividades de zumba abertas ao público.








non á violencia de xénero

Xunta de Galicia

Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.fundación emalcsadeporte solidarioobra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankiberostaraltiaagra das mil medasmacronabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pomboarkivoltaad grupo regueiraaurencentro negocios finisterreGrupo Alumandos deportemarineda city