Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información

Actividades | 08/03/2016 13:36

O Club Básquet Coruña organiza campus e talleres nas vacacións escolares de Semana Santa

El Club Básquet Coruña organiza campus y talleres en las vacaciones escolares de Semana Santa

O Club Básquet Coruña xa ten lista a súa programación de actividades para as vacacións de Semana Santa. A partir de mañá, todos os escolares interesados no deporte da canastra poden inscribirse no Campus LEB Ouro, para deportistas de entre 10 e 17 anos, ou ben nos Talleres de Iniciación, para idades comprendidas entre 5 e 16 anos. Como terceira opción, o club oferta unhas Xornadas de Puertas Abertas, de carácter gratuíto, encamiñadas a facilitar o coñecemento e acceso ao club por parte de pequenos e novos interesados polo baloncesto.

Todas as actividades celebraranse os días laborables non lectivos, é dicir, luns 21, martes 22, mércores 23 e luns 28 de marzo. Tendo en conta que uno dos alicerces que sustenta o Club Básquet Coruña é as súas categorías basee, o obxectivo xeral é facer accesible a calquera neno ou nena da cidade a práctica do baloncesto, tanto a nivel de iniciación como de perfeccionamento.

Esta oferta deportiva englóbase no programa de primavera ofertado en colaboración co Servizo Municipal de Deportes do Concello da Coruña.

Campus LEB Ouro Savills

O Campus LEB Ouro, dirixido ás categorías alevín, infantil, cadete e junior, basearase en sesións de tecnificación dirixidas polo corpo técnico e xogadores do equipo LEB Ouro, que trasladarán o seu coñecemento aos participantes.

Celebrarase en horario de 9:00 a 14:00 horas na Polideportiva de Riazor 2. O prezo do Campus é de 40 euros o catro días e de 35 euros tres días. Os xogadores e xogadoras do club terán un desconto.

Talleres de Iniciación Aguirre Newman

Os Talleres de Iniciación pretenden penetrar a nenos e nenas na práctica do baloncesto no contexto escolar, e todos os adestradores/as posúen titulación específica de baloncesto ou de Educación Física. Celebraranse en horario de 9:00 a 14:00 nas instalacións de diversos colexios da cidade, que se darán a coñecer a partir de mañá na web do club.

As sesións dividiranse en bloques de 50 minutos, de contido variado e lúdico, e a media mañá proporcionarase un pequeno xantar aos participantes, que recibirán unha camiseta como obsequio de recordo. Ademais, ao longo da actividade recibirán a visita especial de xogadores de noso equipo LEB Ouro e tanto os mozos deportistas como as súas familias serán convidados o partido que o primeiro equipo disputará o 1 de abril fronte ao Club Barcelona Lassa no Palacio dos Deportes de Riazor. O prezo para cada participante dos Talleres é de 30 euros o catro días e de 25 euros tres días.

Xornadas de Puertas Abertas

En canto ás Xornadas de Puertas Abertas, terán lugar no Polideportivo do Ventorrillo e estarán abertas a participantes de 10 a 17 anos, divididos por niveis de iniciación e perfeccionamento. Celebraranse en horario de tarde, de 17:00 a 19:00 horas, e os adestradores/as terán igualmente titulación específica de baloncesto ou Educación Física.

As inscricións a todas estas actividades poden facerse na web municipal www.coruna.es/deportes, ou ben de modo presencial nas oficinas do Club Básquet Coruña en horario de 10:00 a 13:30 horas e de 16:30 a 20:00 horas. As canles de contacto do club son o teléfono 981 264 022 e o correo club@basquetcoruna.com








Xunta de Galicia

Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñadeputación da coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.fundación emalcsadeporte solidarionon á violencia de xéneroobra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankiberostaraltiaagra das mil medaswibohorno sanbrandanabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pomboarkivoltatermariaad grupo regueiraaurencentro negocios finisterred calvodos deportegalimascota tanatoriosmarineda citymarineda city