Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información

Equipos base | 30/01/2018 12:34

O Básquet Coruña realizou a súa tradicional foto de familia, individuais e de equipos

El Básquet Coruña realizó su tradicional foto de familia, individuales y de equipos

O Básquet Coruña aproveitou o previo do encontro ante o Río Ourense Termal para realizar a súa tradicional foto de familia. Unha instantánea que contou coa participación de todos os seus equipos de canteira, os seus respectivos adestradores, o primeiro equipo de Leb Ouro, a directiva do club laranxa e a presenza do alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro e o concelleiro de Deportes, Cultura e Coñecemento, José Manuel Sande.

Como particularidade este ano todos os xogadores do club colocáronse unha calcomanía no brazo co escudo do club e unha serie de valores que se tratan de transmitir a través do baloncesto, como son: equipo, esforzo, diversión, respecto e emoción. Con estas mensaxes cada un dos integrantes dos diferentes equipos pousaron non só na foto de familia, senón tamén cos seus distintos cadros de persoal e nas fotos individuais. Unha forma de enxalzar uns valores innegociables e inherentes á práctica deportiva e que día a día os adestradores do club inculcan aos xogadores.

Proximamente todas as fotografías tanto grupales como persoais estarán nas galerías por equipos da páxina web do Básquet Coruña en forma dos tradicionais cromos.








Xunta de Galicia

Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñadeputación da coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.fundación emalcsadeporte solidarionon á violencia de xéneroobra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankiberostaraltiaagra das mil medaswibohorno sanbrandanabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pomboarkivoltatermariaad grupo regueiraaurencentro negocios finisterred calvodos deportegalimascota tanatoriosmarineda citymarineda city