Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información

Actividades | 30/05/2018 18:42

O Básquet Coruña colabora na primeira edición do #DíadoAdestrador

El Básquet Coruña colabora en la primera edición del #DíadoAdestrador

O Básquet Coruña colabora xunto coa Federación Galega de Baloncesto e o Sporting Club Casino na primeira edición do #DíadoAdestrador o próximo 10 de xuño, unha xornada formativa con máis de 20 relatores, adestradores galegos de primeira fila, e con Antonio Pérez Caínzos como director do mesmo. O prazo de inscrición finaliza o 7 de xuño e o prezo son 30 euros (con comida incluída).

No acto estiveron presentes Francisco Martín, presidente da FGB, Carlos Outeiros, director técnico, Miguel García, xerente do Básquet Coruña, Juan José Medín, presidente do Sporting Club Casino e Miguel Anxo Ortega, extécnico de Perfumarías Avenida.

Carlos Outeiros considera esta xornada, impulsada desde ?a área formativa da Federación? como un mecanismo para ?axudar a mellorar aos nosos adestradores máis novos?. A idea pasa porque este acto sexa un éxito ?poder prolongalo no tempo e que se consolide?. Quixo agradecer, ademais, a ?total disponiblidad? dos técnicos invitados.

Pola súa banda, Juan José Medín, indicou que como anfitrións e nos seus 128 anos de historia o Sporting Club Casino sempre tratara de ?fomentar o deporte en todas as súas modalidades?. Mentres Miguel García aseverou que o Básquet Coruna ?non podía faltar a un evento desta magnitude e que miramos cun agarimo especial porque o dirixe Antonio Pérez Caínzos?. ?Temos 35 equipos, moitos adestradores, algúns con máis e outros con menos experiencia, pero todos necesitan formación?, indicou.

Miguel Anxo Ortega quixo pór en valor a figura do técnico veterano que ensina polo menos experimentado. ?Gardo un recordo moi grato das actividades que fixeron os adestradores cando eu era máis novo. Estamos un pouco en débeda e foi un pouco o que a min me impulso e alimentou ideas. Estas iniciativas manteñen a chama de querer aprender?, subliñou.

Pechou o acto Francisco Martín declarando que sentía ?orgulloso da presenza de adestradores galegos por todo o mundo e colaborando en seleccións de base coa Federación Española de Baloncesto?. Así mesmo, desexou que o #DíadoAdestrador ?dea pé a unha serie de repeticións e que fagan o baloncesto galego máis grande?.

Documentos adjuntos

programa-dia-adestrador.jpeg

cartel-dia-adestrador.jpeg








Xunta de Galicia

Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñadeputación da coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.fundación emalcsadeporte solidarionon á violencia de xéneroobra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankiberostaraltiaagra das mil medaswibohorno sanbrandanabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pomboarkivoltatermariaad grupo regueiraaurencentro negocios finisterred calvodos deportegalimascota tanatoriosmarineda citymarineda city