Equipos base | 05/10/2015 18:03
O Básquet Coruña cadete masculino gaña a praza en 1ª división

As fases clasificatorias para a primeira división das diferentes categorías sempre son un camiño tortuoso. Os nosos mozos cadetes afrontaron o reto e comezaron os seus adestramentos a mediados de agosto, dispostos a conseguir unha do tres prazas que daban dereito a recuperar a praza en liga galega, tras o descenso do ano anterior.
Catorce foron os equipos en liza, divididos en 4 grupos. Básquet Coruña quedou encadrado en primeiro termo con Estudantes de Pontevedra e o Club Baloncesto Ferrol, conseguindo senllas vitorias. Chegaba entón o momento do cruzamento de cuartos de final, onde o Seis do Nadal era o seguinte banzo a superar, conseguindo a vitoria cun marcador de 81-66..
No fin de semana definitivo dúas eran as oportunidades para que os de Alberto Vázquez conseguisen o seu obxectivo. A primeira semifinal enfrontounos ao anfitrión da fase, o Peleteiro. Durante a primeira parte mantivémonos no partido, con todo na segunda os de Santiago abriron brecha no marcador, facendo necesario comezar a pensar no partido das 17:00 horas, segunda e última ocasión.
O Branco Amor de Ourense venceu ao Xuven na segunda semifinal, co que os de Cambados serían os nosos rivais. O partido resultou emocionante e igualado, aínda que a medida que pasaban os minutos os nosos íanse adiantando no marcador, ata chegar a un marcador final de 90-74 , que desatou a alegría dos nosos xogadores.
Desde o club queremos dar o parabén ao equipo e desexarlles moita sorte nesa primeira división pola que tanto pelexaron.
Equipos base | 01/10/2015 18:03
Axustada victoria do equipo senior fronte ao Basket Xiria Carballo
Equipos base | 27/10/2015 18:03