Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información

Primer equipo | 23/08/2014 12:17

O anotador Khalid Mutakabbir pecha a liña exterior do Leyma

El anotador Khalid Mutakabbir cierra la línea exterior del Leyma

O xogador chega ao Leyma procedente do Aries Trikala da primeira división grega.
Khalid é un escolta de 191 cm de altura e 23 anos de idade, con pasaporte Jamaicano. A tempada pasada disputou a A1 grega enrolado nas filas do Aries Trikala co que logrou 7 puntos e 2 rebotes por partido. Khalid destaca pola súa capacidade para anotar e obter vantaxes en situacións de 1 contra 1, é un xogador moi veloz que se atopa cómodo xogando en transicións rápidas, ademais ten un bo tiro en suspensión. En defensa, o seu físico faille ter grandes posibilidades.
Traxectoria:
Toda a súa etapa universitaria desenvolveuna en Presbyterian de NCAA 1, a última delas promedió 15,4 puntos; o seu primeiro ano como profesional levouno á A1 grega, nas filas do Aries Trikala
Khalid Mutakabbir, xunto con Jesús Castro, Lary Abia e Albert Homs; completarán a liña exterior do Leyma esta tempada.
Así xoga Khalid Mutakabbir:
https://www.youtube.com/watch?v=rRV-g5fuiW4 






non á violencia de xénero
Xunta de Galicia


Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestoXacobeo 21·22xunta de galiciaayuntamiento de a coruñagbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.obra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankaltiaagra das mil medasmacronabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pomboarkivoltaad grupo regueiraaurencentro negocios finisterreGrupo Alumandos deportemarineda citysavills aguirre newmanprivate bank citiTradisco, Tratamientos de construcciónGrupo Liñagar