Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información
LEB ORO: Leyma Coruña - TAU Castelló · 16/05/2021 12:30 PALACIO DE LOS DEPORTES DE RIAZOR || Senior Fem. 1ªDiv: Calasancias - Basquet Coruña Leyma S · 16/05/2021 19:00 Polideportivo Riazor 2 || Senior Masc. 2ªDiv: CB Laracha - Básquet Coruña S · 17/05/2021 19:00 IES Agra de Leboris || Senior Masc. 3ªDiv: Idefic Imatia Básquet Coruña - Esclavas · 16/05/2021 19:00 Polideportivo Riazor 1 || Junior Masc. 2ªDiv: Baloncesto Arteixo - Básquet Coruña J · 16/05/2021 17:00 Arteixo || Junior Fem. 1ªDiv: Básquet Coruña Leyma J - CLB · 16/05/2021 16:00 Polideportivo Riazor 2 || Junior Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña 03/04 - Montrove · 16/05/2021 10:00 Polideportivo Ventorrillo || Cadete Fem. 1ªDiv: Básquet Coruña Leyma C - Maristas Coruña · 15/05/2021 18:30 Polideportivo Ventorrillo || Cadete Masc. 1ªDiv: Balidea Obradoiro - Básquet Coruña C · 16/05/2021 12:00 Lorenzo de la Torre || Cadete Fem. 2ªDiv: Básquet Coruña Leyma U15 - CB Arteixo · 16/05/2021 12:30 Polideportivo Ventorrillo || Cadete Masc. 2ªDiv: Esclavas - Básquet Coruña 06/05 · 15/05/2021 10:00 Polideportivo Riazor 2 || Cadete Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña U16 - Dominicos Cadete Masculino U15 · 17/05/2021 16:00 Polideportivo Riazor 2 || Infantil Masc. 1ªDiv: Montrove - Básquet Coruña I · 15/05/2021 10:00 Canide- Mera || Pre-Inf Masc. 1ºDiv: Básquet Coruña U13 - Autos Gonzalez Seis do Nadal · 15/05/2021 12:00 Polideportivo Ventorrillo || Infantil Fem. 1ªDiv: Salesianos Vigo - Básquet Coruña Leyma I · 17/05/2021 16:00 Apóstol Santiago || Infantil Fem. 2ªDiv: Esclavas - Básquet Coruña Leyma U14 · 15/05/2021 12:30 Polideportivo Riazor 2 || Infantil Masc. 2ªDiv: Esclavas - Básquet Coruña U14 · 16/05/2021 12:30 Polideportivo Riazor 2 || Minibasquet Fem. 1ªDiv: Básquet Coruña Leyma U12 - Instituto Rosalía · 17/05/2021 12:00 Polideportivo Ventorrillo || Minibasquet Masc. 1ªDiv: KFC Costa Artabra - Básquet Coruña U12 · 16/05/2021 17:00 Polideportivo Javier Gomez Noya || Minibasquet Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña Mini U12 - Basket Xiria 2099 · 15/05/2021 11:15 Polideportivo Agra II P-1 || Infantil Masc. 2ªDiv: Montrove - Básquet Coruña 07 · 15/05/2021 12:00 Canide-Mera || Minibasquet Masc. 2ªDiv: Artai A - Básquet Coruña U11 · 16/05/2021 17:45 Polideportivo Agra II P-1 || Premini Masc. 2ºDiv: Esclavas - Básquet Coruña U10 · 15/05/2021 13:00 Polideportivo Agra II P-3 || Premini Masc. 2ºDiv: Basquet Coruña U9 - Compañía de María Azul · 15/05/2021 09:30 Polideportivo Agra II P-3 || Minibasquet Fem. 2ªDiv: Básquet Coruña Leyma U11 - KFC Culleredo Amarillo · 16/05/2021 13:00 Polideportivo Agra II P-1 || Infantil Masc. 2ªDiv: Club Baloncesto Cambre - Básquet Coruña 08 · 15/05/2021 16:30 Polideportivo Sofia Toro || Minibasquet Masc. 2ªDiv: Basquet Coruña Mini 09 - Compañía de María · 15/05/2021 13:00 Polideportivo Agra II P-1

Actividades | 11/04/2017 11:11

O acollemento familiar, causa social do partido do Leyma Coruña fronte ao TAU Castelló

El acogimiento familiar, causa social del partido del Leyma Coruña frente al TAU Castelló

O Leyma Coruña dedicará o seu partido deste mércores ás 21:00 horas en Riazor fronte ao TAU Castelló á promoción do acollemento familiar, dentro do programa "17 partidos, 17 causas" que o club herculino desenvolve ao longo da tempada co patrocinio da Obra Social "la Caixa".

Para iso, colaborará con Cruz Vermella dando a coñecer o Programa de Acollemento Familiar, iniciativa pública da Xunta de Galicia na que a Organización xestiona a captación, formación e seguimento das familias que desexen acoller no seu fogar a un menor debido a calquera situación que impida a súa estancia coa súa familia biolóxica durante o tempo que sexa necesario.

No hall de entrada ao Palacio instalarase unha exposición e un punto informativo da campaña "En Familia, por Dereito" e, durante o descanso do encontro, dedicaranse uns minutos a presentar o traballo da Cruz Vermella nesta materia, así como os modos de colaborar.

O obxectivo deste programa é que menores entre 0 e 17 anos que non poden convivir cos seus proxenitores por diversas circunstancias poidan seguir desenvolvéndose nun ambiente familiar mentres estas situacións non se solucionan, como fórmula alternativa a un centro de menores.

Para iso, é prioritario desenvolver unha rede de familias o máis ampla posible que poidan acoller a un ou varios menores durante o tempo necesario, e poden integrala tanto avós como pais con e sen fillos, familias monoparentais e persoas solteiras, co fin de responder ás distintas necesidades. Deste xeito búscase protexer o dereito de todos os nenos e nenas a vivir e crecer nunha familia, como o mellor contexto para o seu crecemento persoal, a súa formación en valores sociais e as súas perspectivas de futuro.

Na actualidade, 146 familias da provincia da Coruña forman parte da rede e 107 nenos e nenas están en situación de acollemento. Con todo, na zona da Coruña hai 29 menores que esperan ser acollidos e necesítanse familias para catro grupos de irmáns, entre os que se atopas nenos e nenas maiores de oito anos que necesitan acollemento permanente.






non á violencia de xénero
Xunta de Galicia


Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.obra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankaltiaagra das mil medasmacronabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pomboarkivoltaad grupo regueiraaurencentro negocios finisterreGrupo Alumandos deportemarineda city