Actividades | 06/11/2017 14:00
O 5K do Leyma Coruña, o domingo día 12

O Leyma Coruña sempre está á beira do deporte coruñés e con ese obxectivo é un dos organizadores da carreira "5k Leyma Coruña Abónate" o vindeiro domingo día 12. Unha iniciativa que busca dar a coñecer e sumar máis adeptos ao sentimento laranxa, favorecendo ademais a práctica deportiva na cidade, e que conta co apoio do noso principal patrocinador Leyma.
Os mil primeiros inscritos a este evento terán dereito a unha entrada con acompañante para o partido do club herculino ante o Club Melilla Baloncesto do próximo venres 17 de novembro ás 21.00 horas.
Así mesmo, haberá vantaxes especiais na participación para os nosos socios, abonados e xogadores/as. As inscricións poderán realizarse ata o vindeiro xoves día 9 na web de Championchipnorte, organizador da carreira.
O trazado, só de ida, sairá da Torre de Hércules, chegará ao Milenium e terminará na chaira do Palacio dos Deportes de Riazor, sede do Leyma Coruña nos seus encontros como local.
Desde o club animamos a todos os nosos afeccionados e a todos aqueles que aínda non coñecen o sentimento laranxa a que se calcen as zapatillas de running para participar nun evento deportivo e lúdico por unha contorna privilexiada da Coruña.
Esperámosvos!
Actividades | 03/11/2017 14:00