Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información
|| Senior Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña S - Calvo Artai · 24/01/2021 17:00 Polideportivo Riazor 2 || Senior Masc. 3ªDiv: Montrove - Idefic Imatia Básquet Coruña · 23/01/2021 19:00 Canide-Mera || Junior Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña J - Compañía de María · 24/01/2021 09:30 Polideportivo Riazor 2 || Junior Masc. 2ªDiv: CB Arteixo Duacode - Básquet Coruña 03/04 · 23/01/2021 20:00 Pazo dos Deportes de Arteixo || Cadete Fem. 1ªDiv: Fundiciones Rey - Básquet Coruña Leyma C · 23/01/2021 12:00 Polideportivo Fontecarmoa 1 || Cadete Masc. 1ªDiv: Instituto Rosalía - Básquet Coruña C · 23/01/2021 12:00 Instituto Rosalía de Castro || Infantil Masc. 1ªDiv: Instituto Rosalía - Básquet Coruña I · 23/01/2021 10:00 PIO XII || Pre-Inf Masc. 1ºDiv: Básquet Coruña U13 - SIGALTEC · 23/01/2021 12:00 Polideportivo Ventorrillo || Infantil Fem. 1ªDiv: Básquet Coruña Leyma I - Acad. A Mariña Burela INF.fem · 24/01/2021 12:30 Polideportivo Riazor 2 || Minibasquet Fem. 1ªDiv: BAXI Ferrol - Básquet Coruña Leyma U12 · 23/01/2021 12:00 Pavillón Casa Do Deporte || Minibasquet Masc. 1ªDiv: REVI Obradoiro - Básquet Coruña U12 · 24/01/2021 10:00 Monte dos Postes

Primer equipo | 01/03/2019 23:54

Dura derrota do Leyma Coruña na prórroga ante os Chocolates Trapa Palencia (93-84)

Dura derrota del Leyma Coruña en la prórroga ante el Chocolates Trapa Palencia (93-84)

O Leyma Coruña sucumbiu na prórroga ante os Chocolates Trapa Palencia (93-84) nun duelo que dominou a maior parte do tempo e no que chegou a estar doce puntos arriba.

Comezaban os laranxas moi serios en defensa e acertados en ataque, liderados por un Zach Monaghan que asinou o seu mellor partido da tempada, anotando 22 puntos, e volvendo sacar do caixón o seu repertorio de triplos imposibles. As boas noticias completábanse con máis minutos para Larry Abia, que asinou cinco puntos no choque.

Establecían xa ao final do primeiro cuarto os coruñeses unha boa diferenza no luminoso e de sensacións (19-25). Mantíñanas no segundo cuarto, a pesar do paso adiante dos locais, para irse sete arriba ao descanso (42-49).

Tras o receso, saían mellor os palentinos, que trataban de impor un ritmo alto e de partido de ida e volta, onde estaban máis cómodos. Tres arriba seguía mandando o Leyma Coruña antes de afrontar o cuarto definitivo (60-63).

Seguía o ritmo frenético do choque, no que os coruñeses non estaban tan cómodos, e vivíase un festival anotador de tiros de tres con Jeff Xabier e Monaghan, respondendo as canastras desde 6,75 de Vasturia. Distanciábanse os locais 81-78 pero non lle tremía a boneca a Sergi Piñeiro para empatar o choque e levar o partido á prórroga.

Cinco minutos nos que os coruñeses non podían contar con Mirza Bulic, con cinco faltas, e nos que só eran capaces de sumar tres puntos, tras o titánico esforzo de todo o choque, no que practicamente sempre mandaran no luminoso. Ao final dura derrota (93-84) do Leyma Coruña, que regresará este domingo ás 12 horas en #OFornodeRiazor para medirse no #DerbiGallego ao COB Ourense.






non á violencia de xénero
Xunta de Galicia


Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.obra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankaltiaagra das mil medasmacronabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pomboarkivoltaad grupo regueiraaurencentro negocios finisterreGrupo Alumandos deportemarineda city