Dous xogadores convocados para as preseleccións galegas infantís e cadetes masculina e unha xogadora citada na cadete feminina

Elena Lijó Rodríguez, convocada para a preselección galega cadete feminina, Anxo Casais Romeu na preselección infantil masculina e Raúl Vázquez Varela, na cadete masculina.

No caso de Elena Lijó está convocada para o venres día 7 de decembro no Multiusos de San Lázaro, Porta 16 ás 17:00h. A preselección participará no Torneo que organiza a Federación Asturiana na localidade de Pola de Lena, e disputarase os días 8 e 9 de decembro.

A selección galega medirase aos combinados de Euskadi, Castela e León e Asturias.

Mentres, Raúl Vázquez Varela, da cadete masculina, e Anxo Casais Romeu, da infantil masculina, están citados na mesma localización o venres 7 ás 14 horas e disputarán xunto aos seus respectivos combinados autonómicos senllos Torneos que organiza a Federación Vasca, para o que se trasladarán en autocar para a disputa o día 8 e 9 da competición en Lasarte. Galicia medirase ás seleccións convidadas de
Navarra, Euskadi e Asturias.

Moitas felicidades aos nosos xogadores pola convocatoria e desde o Básquet Coruña esperamos que gocen da experiencia competitiva e lúdico-formativa