Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información
|| Cadete Fem. 1ªDiv: Básquet Coruña Leyma C - PBB A · 19/06/2021 19:00 Polideportivo Riazor 2 || Pre-Inf Masc. 1ºDiv: Básquet Coruña U13 - Estudiantes Pontevedra · 19/06/2021 12:00 Polideportivo Ventorrillo || Infantil Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña U14 - ESCLAVAS · 18/06/2021 19:20 Polideportivo Ventorrillo || Infantil Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña 07 - Carniceria Daniel Artai · 20/06/2021 12:00 Polideportivo Riazor 2 || Infantil Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña 08 - Arteixo · 20/06/2021 09:30 Polideportivo Riazor 2

Actividades | 07/07/2016 17:02

Dez adestradores galegos dirixirán o Campus de Tecnificación do Club Básquet Coruña

Diez entrenadores gallegos dirigirán el Campus de Tecnificación del Club Básquet Coruña

Ao longo do mes de xullo o Club Básquet Coruña prosegue o seu traballo cos máis novos a través dos campamentos de verán. A poucas horas de que mañá venres finalice o Campus Milenium, orientado a aprender as bases do baloncesto en combinación con outras actividades lúdicas e deportivas, xa está todo listo para a celebración do Campus de Tecnificación que arrinca este luns día 11 cun total de corenta inscritos ata agora. As sesións da primeira semana celebraranse no Polideportivo Elviña 1.

A sólida experiencia dos adestradores galegos que dirixirán este dez intensos días de perfeccionamento ?do 11 ao 15 e do 18 ao 22 de xullo- axudarán a recado ao crecemento deportivo da futura canteira do baloncesto da nosa cidade.

Estes son o dez técnicos responsables dos diversos aspectos técnicos que se traballarán ao longo das sesións:

Fundamentos xerais: Victor Pérez, adestrador axudante, Obradoiro ACB 15/16; Javier Orosa, coordinador de base, Santa María del Mar; Miguel Anxo Hoyo, primeiro adestrador, Xuven Cambados LEB Prata 15/16.

Tiro: Armando Otero, primeiro adestrador, Carfelo C.B. Viveiro 15/16.
Bote e finalizacións: Sergio Cubeiro, primeiro adestrador de Virum Basket (Dinamarca), Campión de Liga Feminina 15/16.

Bote e pase: María José Cousillas, adestradora de base.

Poste baixo con balón: Jose Anxo Rivera ?Mozan?, coordinador de base, Obradoiro 15/16.

Xogo sen balón: Óscar Latexe, adestrador axudante, Dominion Bilbao Basket ACB 15/16

Espazo e xogo sen balón a partir dunha vantaxe: Chiqui Barros, primeiro adestrador, Bembibre Liga Feminina 15/16.

Chegar xogando e xogo en transición: Javier Muñoz, adestrador axudante, Melilla LEB Ouro 15/16.

Inscrición aberta ata mañá

A inscrición no Campus de Tecnificación continúa aberta ata mañá venres e ten un custo de 100 euros semanais. Os prezos dos servizos opcionais de comida e transporte son, respectivamente, 30 e 25 euros cada semana.

Todos os xogadores do Club Básquet Coruña, así como as súas escolas vinculadas teñen dereito a un prezo reducido. Ademais, aquelas familias que inscriban a máis dun participante terán un desconto do 10% na matrícula a partir do segundo irmán.

As inscricións pódense formalizar nas oficinas do club en Arquitecto Rei Pedreira 3 (telf. 981 264 022 e correo club@basquetcoruna.com), ou ben on-line na web basquetcoruna.com






non á violencia de xénero
Xunta de Galicia


Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.obra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankaltiaagra das mil medasmacronabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pomboarkivoltaad grupo regueiraaurencentro negocios finisterreGrupo Alumandos deportemarineda citysavills aguirre newmanprivate bank citi