Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información

Primer equipo | 09/01/2018 17:25

Desde hoxe nova campaña de abonos de metade de tempada

Desde hoy nueva campaña de abonos de mitad de temporada

Coincidindo co inicio da segunda volta da presente edición ligueira, o Leyma Coruña lanza de novo a campaña de abonos de metade de tempada para todos aqueles que queiran unirse ao sentimento laranxa, gozando do deporte do baloncesto e do ambiente sempre deportivo que se vive no Palacio dos Deportes de Riazor.

O desconto supón un 40% de media respecto ao prezo dos carnés ao comezo da campaña quedando da seguinte forma:

Os Senior pasan de 100 € a 60 €, o familiar redúcese en 80 euros pasando a custar 100 €, o especial (desempregados, estudantes e persoas con discapacidade) pasa de 60 € a 35 €, pais e nais dos canteiráns do Club 25 € o primeiro carné e 10 € o segundo, (custaban 40 € e 20 € respectivamente).

Os socios manteñen prezo de inicio de campaña xa que ser socio non permite desconto, co cal serían 150 € (o segundo carné por 75 €).

Os prezos afectan á tempada regular ligueira, quedando exentos os partidos considerados como Día do Club e partidos de Play Off.

Todos os xogadores e xogadoras pertencentes ao club poden acceder gratis a todos os partidos do primeiro equipo.

Desde esta tarde queda habilitada a posibilidade de conseguir os abonos na web do Club Básquet Coruña, co que todos aqueles que o desexen poderán facerse con un e acceder desde este mesmo venres ao partido que enfrontará ás 21:00 no Palacio dos Deportes de Riazor ao Leyma Coruña contra o Sammic Hostalaría de Azpeitia.

Acceso tramitación on line








Xunta de Galicia

Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñadeputación da coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.fundación emalcsadeporte solidarionon á violencia de xéneroobra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankiberostaraltiaagra das mil medaswibohorno sanbrandanabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pomboarkivoltatermariaad grupo regueiraaurencentro negocios finisterred calvodos deportegalimascota tanatoriosmarineda citymarineda city