Derrota, pero con boas sensacións

O Leyma Coruña cae derrotado en terras granadinas por 75-64 despois dun bo partido. Este domingo terá a oportunidade de resarcirse, en casa, ante CB Almansa con Afanión.

Comezaba o encontro igualado, con ambos os equipos lentos e buscando asentarse. Un primeiro cuarto de ?tenteo?, que finalizaba 12-08, para os locais.

Con todo, no segundo cuarto o Leyma Coruña arrincaba coa intensidade habitual e cribaba a base de triplos ao seu rival. O acerto desde a liña de 6.75 foi un dos protagonistas no cadro dos laranxas, que se marchaban ao descanso 29-32.

Á volta dos vestiarios, era o equipo de Pablo Pin o que saía un pouco máis intenso, pero o Leyma Coruña volvía tirar do seu habitual poderío defensivo para pór en apertos ao seu rival. O cuarto finalizaba 56-50, e con todo por decidir nos últimos 10 minutos.

E aínda que os coruñeses loitaron ata o final, os esforzos non deron os seus froitos. 74-65 foi o resultado final, despois dalgunhas decisións arbitrais confusas e de mala fortuna nalgúns tiros, por parte do conxunto laranxa.

A parte positiva é que este domingo ás 18:00 terá a oportunidade de resarcirse en casa, ante a #FamiliaNaranja e ante CB Almansa con Afanión.

Podes comprar a túa entrada para o partido en: https://venda.basquetcoruna.t2v.com/index/index
Necesitámosche apoiando ao equipo na bancada!