Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información
LEB ORO: Palencia - Leyma Coruña · 06/12/2020 18:00 Palacio de los Deportes de Riazor || Cadete Fem. 1ªDiv: Básquet Coruña Leyma C - CB Arxil · 05/12/2020 16:30 Polideportivo Riazor 2 || Cadete Masc. 1ªDiv: Básquet Coruña C - BALIDEA Obradoiro · 06/12/2020 12:00 Polideportivo Riazor 2 || Infantil Masc. 1ªDiv: CENOR Obradoiro - Básquet Coruña I · 06/12/2020 12:00 Pabellón Lorenzo de la Torre || Infantil Fem. 1ªDiv: Básquet Coruña Leyma I - BAXI Ferrol · 05/12/2020 12:00 Polideportivo Ventorrillo

Primer equipo | 17/11/2018 21:40

Derrota do Leyma Coruña no #derbigalego ante o COB Ourense (96-75)

Derrota del Leyma Coruña en el #derbigalego ante el COB Ourense (96-75)

Os laranxas claudican( 96-75), nun encontro marcado polos altibaixos. Houbo momentos de anotación fluída, nos que o equipo foi capaz de anotar desde a liña de tres que achegaron no marcador, pero en liñas xerais os instantes malos foron máis duradeiros.

O cadro herculino entraba ben no partido no ataque, con boas accións de tiro, movendo ben a pelota e atopando situacións de anotación sinxelas desde debaixo do aro e xogando ben sen balón. Pero a dinámica do encontro era que esas situacións duraban tres-catro minutos, pero como contrapartida había demasiadas perdas, tiros precipitados, malas decisións en ataque...

Circunstancias que facían que xa desde a metade do primeiro cuarto fosen sumando vantaxes no marcador, ata porse por encima de dez (26-17).

Non cambiaba a dinámica no segundo cuarto, con momentos de bo xogo dos laranxas pouco duradeiros e mentres os locais seguían afastándose no luminoso (45-31).

O equipo tras o paso por vestiarios quería contrarrestar o excesivo castigo do rebote de ataque dos ourensáns, algo que xa o Leyma traballara durante a semana, pero que en certos momentos perdía esa batalla polo rebote en momentos clave.

Entraba o Leyma no último cuarto (69-51) co partido que parece sentenciado, pero os coruñeses ponse a oito grazas ao bo xogo e defensa, pero volve ser insuficiente, xa que despois chegan malos minutos e o COB, cunha porcentaxe de tiro de tres por encima do 50 %, fixo que a reacción non fose suficiente e escapásese o partido ao final (96-75).

O próximo compromiso do Leyma será o venres 23 de novembro ás 20.00 horas en #OFornodeRiazor ante o Baloncesto Melilla.







non á violencia de xénero

Xunta de Galicia

Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.fundación emalcsadeporte solidarioobra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankiberostaraltiaagra das mil medasmacronabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pomboarkivoltaad grupo regueiraaurencentro negocios finisterreGrupo Alumandos deportemarineda city