Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información
|| Cadete Fem. 1ªDiv: Básquet Coruña Leyma C - PBB A · 19/06/2021 19:00 Polideportivo Riazor 2 || Pre-Inf Masc. 1ºDiv: Básquet Coruña U13 - Estudiantes Pontevedra · 19/06/2021 12:00 Polideportivo Ventorrillo || Infantil Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña U14 - ESCLAVAS · 18/06/2021 19:20 Polideportivo Ventorrillo || Infantil Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña 07 - Carniceria Daniel Artai · 20/06/2021 12:00 Polideportivo Riazor 2 || Infantil Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña 08 - Arteixo · 20/06/2021 09:30 Polideportivo Riazor 2

Equipos base | 01/06/2016 20:40

Derrota do BC Leyma 00 na ida de Copa Primavera

Derrota en la ida del BC Leyma 00 en la ida de Copa Primavera

O pasado sábado noso equipo cadete feminino caía derrotado no partido de ida de 4vos de final de Copa Primavera ante Santo Domingo de Betanzos. 

Santo Domingo: López, Sas, Golpe, Díaz, González - 5 inicial - Manteiga, Yáñez, Cagiao, Carreira.

Básquet Coruña: Paula, Sara, Laura V., Ariadna, Miriam - 5 inicial - Inés, Alba, Ana, Sofía. 

Parciais: 18-11, 30-25 (descanso), 45-40, 59-48 (final). 

Asistencia: 50 espectadores. 

Incidencias: Diego Fernández contaba coas baixas de Natalia e Laura C. por lesión, entrando na convocatoria as infantís Ana e Sofía. 

O encontro comezaba de forma irregular para as nosas, que acusaban o catro semanas sen competir desde que concluían a súa participación en liga, sufrindo en accións dun contra un e rebote defensivo. 

As locais, cunha defensa intensa e sempre ao límite do regulamento, forzaban algunhas perdas de balón, e terminaban o primeiro cuarto cunha renda de sete puntos, destacando os bos minutos de López (18-11 min 10). 

No segundo cuarto o xogo equilibrábase, e por momentos as laranxas conseguían reducir diferenzas no electrónico, aínda que os erros desde o tiro libre impedían que a reacción fose completa (30-25 min 20). 

Tras o descanso, as coruñesas saían moi acertadas, e cun bo nivel tanto en defensa como en ataque lograban un parcial 0-11, que as situaba por diante, tras varias accións positivas de todas as xogadoras en pista (30-36 min 23). 

Con todo, as betanceiras recuperaban a súa mellor versión, á vez que volvían os problemas de anotación no Básquet Coruña, errándose tanto lanzamentos próximos como tiros libres. As locais recuperaban o mando no marcador ao terminar o terceiro cuarto (45-40 min 30). 

No cuarto final, as nosas seguían con problemas en ataque ante a pechada defensa local, nun período de moi baixa anotación. Un parcial favorable para Santo Domingo no tres minutos finais permitíalles acabar o encontro cunha importante renda de once puntos, de face ao encontro de volta (59-48 min 40). 

Partido de volta 

O sábado 4, ás 10:00 horas en Riazor 2, as nosas mozas cadetes tentarán dar a volta á eliminatoria, e lograr a clasificación para as semifinais. 

O conxunto de Diego Fernández perdeu no duelo de ida ante o santo Domingo de Betanzos e tratará de lograr o pase de rolda este sábado.






non á violencia de xénero
Xunta de Galicia


Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestoXacobeo 21·22xunta de galiciaayuntamiento de a coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.obra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankaltiaagra das mil medasmacronabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pomboarkivoltaad grupo regueiraaurencentro negocios finisterreGrupo Alumandos deportemarineda citysavills aguirre newmanprivate bank citi