Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información

Primer equipo | 17/02/2019 20:20

Derrota do Leyma ante o Retabet Bilbao Basket (87-59)

Derrota del Leyma ante el Retabet Bilbao Basket (87-59)

O Leyma Coruña caeu na cancha do Retabet Bilbao Basket (87-59), nun encontro marcado polas perdas e os problemas no rebote.

O comezo do partido estivo equilibrado, ambos os equipos sumaron puntos, ata que chegou un parcial de 9-0 a favor do Retabet Bilbao Basket.

O segundo cuarto comezou sen acerto para ambos os equipos e non foi ata o ecuador que empiezaron a reaccionar. Neste cuarto, os locais tiveron ao seu favor un parcial de 10-0, que o Básquet Coruña soubo contrarrestar con dous triplos de Ferreiro e Jeff Xavier, para chegar ao descanso cun marcador de 44-37.

Os locais comezaron a distanciarse á volta do descanso, rompendo definitivamente o partido. O Leyma non atopou o ritmo e continuou con perdas e problemas no rebote. Para chegar a un último cuarto, onde se produciu a renda máxima de todo o partido, con 30-0 a favor dos locais. Ademais, Jeff Xavier retirouse tras un golpe fortuíto e recibiu unha ovación de Miribilla.

A falta de acerto na actuación grupal fixo que o partido se decantase polos locais (87-59). O próximo partido do Leyma Coruña será en #OFornodeRiazor, o día 22 de febreiro, ás 20.45 horas ante o Cáceres.

 








Xunta de Galicia

Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñadeputación da coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.fundación emalcsadeporte solidarionon á violencia de xéneroobra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankiberostaraltiaagra das mil medaswibohorno sanbrandanabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pomboarkivoltatermariaad grupo regueiraaurencentro negocios finisterred calvodos deportegalimascota tanatoriosmarineda citymarineda city