Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información

Primer equipo | 20/09/2019 21:57

Derrota axustada do Leyma Coruña ante o Leite Río Breogán (68-75)

Derrota ajustada del Leyma Coruña ante el Leche Río Breogán (68-75)

O Leyma Coruña dirimiu un encontro moi igualado de Copa Galicia ante o Leite Río Breogán (68-75) que se decidiu nos últimos do período final. Un partido moi completo, que reafirma aos laranxas ante un dos equipos favoritos ao ascenso a ACB.

No primeiro cuarto, os herculinos conseguían vantaxes rápidas. O equipo mostrábase ordenado, con poucos erros en ataque, conseguindo bos tiros, anotando preto do aro, reboteando e defendendo ben. 

A pesar de non ter vantaxes moi amplas, os coruñeses estaban por diante no marcador (15-12) ao final do primeiro acto. Continuaba a mesma dinámica no segundo cuarto, co equipo sendo sólido, aínda que non estando moi acertado no triplo, a pesar de atopar boas opcións de tiro. Aínda así, o Leyma Coruña daba boa imaxe e íase por diante dez arriba ao descanso (34-24).

No terceiro cuarto o equipo laranxa atascábase na anotación, mentres os lucenses mostrábanse máis agresivos en defensa, e a pouca rotación ía debilitando aos coruñeses. Breogán recortaba o dez puntos e a pesar de que a dinámica era nese momento negativa, o equipo reaccionaba e lograba manterse no partido (54-53).

O último cuarto seguía estando moi igualado e chegábase aos últimos minutos con alternancia nas vantaxes por parte de ambos os conxuntos. O equipo adoecía de problemas no tiro libre, mentres os lucenses mostrábanse acertados no tiro de tres, con varios ataques seguidos nos que anotaban nove puntos, o que terminaba decantando a balanza para o Breogán (68-75).

Boa imaxe para pechar a pretemporada, de maior solidez e mellor que no resto de amigables e boa forma de finalizala, antes de que chegue a competición. O vindeiro domingo día 29 ante o Lleida ás 19.00 horas en #OFornodeRiazor.

 

 

Documentos adjuntos

estadistica.jpg








Xunta de Galicia

Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñadeputación da coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.fundación emalcsadeporte solidarionon á violencia de xéneroobra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankiberostaraltiaagra das mil medaswibohorno sanbrandanabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pomboarkivoltatermariaad grupo regueiraaurencentro negocios finisterred calvodos deportegalimascota tanatoriosmarineda citymarineda city