Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información

Primer equipo | 08/12/2019 19:56

Demasiado castigo

Demasiado castigo

A pesar dun inicio máis que dominante do Leyma Coruña en Son Moix, anotando e defendendo desde o primeiro momento, un triplo de Erik Quintela no último suspiro do primeiro cuarto desencadeou o desastre visitante. Despois de terminar o primeiro período tan só 3 abaixo (23-20), o segundo cuarto foi un quero e non podo, onde a intensidade e loita coruñesa non tiveron ningunha fortuna de face ao aro. 52-31 foi o marcador máis castigador para os laranxas, que se foron ao descanso 21 abaixo e o partido roto.

E aínda que á volta de vestiarios o equipo saíu de novo enchufado con 8 puntos seguidos, un tempo morto de Félix Alonso volveu romper a dinámica laranxa dando aos poucos máis vantaxe aos locais cun 60-40 na metade do cuarto. Cada vez complicábase máis o encontro, e os coruñeses vían como o equipo local escapábase no marcador. A pesar diso, insistían e persistían na súa loita por anotar puntos, pero non había fortuna. O marcador pechouse cun 99-71, e en palabras de Sergio García no post partido ?Un partido no que non fomos capaces de ser o tipo de equipo que nós somos?.

A seguinte cita do conxunto coruñés será o vindeiro domingo ante o líder, Carramimbre Valladolid, en #OFornodeRiazor, onde o equipo necesita todo o apoio da afección.






non á violencia de xénero
Xunta de Galicia


Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestoXacobeo 21·22xunta de galiciaayuntamiento de a coruñagbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.obra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankaltiaagra das mil medasmacronabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pomboarkivoltaad grupo regueiraaurencentro negocios finisterreGrupo Alumandos deportemarineda citysavills aguirre newmanprivate bank citiTradisco, Tratamientos de construcciónGrupo Liñagar