Primer equipo | 09/02/2020 22:26
Defensa e traballo en equipo

Terceira vitoria consecutiva do equipo, e terceira posición que ocupa na clasificación. 15 vitorias outórganlle ese posto, moitas delas, obtidas a base de defensa e traballo en equipo.
Comezaba o encontro sen un claro dominador, aínda que aos poucos, o Leyma Coruña íase afastando no marcador, cun parcial de 8-0 (11-6), e xunto cunha magnífica defensa (11 rebotes defensivos), dábanlle unha lixeira vantaxe no primeiro cuarto, para terminar 18-14.
O segundo cuarto iniciábase cun triplo do capitán Jeff Xavier, e co equipo tentando abrir brecha, conseguindo porse 29-18. Con todo, os de Guillermo Areas non ían deixarse vencer axiña que, e repuxéronse do ciclón coruñés, conseguindo chegar ao descanso con 33-31.
Pero Sergio García puxo as pilas aos laranxas e saíron no terceiro cuarto como unha bala. De novo a defensa, protagonista indiscutible deste equipo, ía achegando ao Leyma Coruña á vitoria. O terceiro cuarto terminaba 53-43, cunha vantaxe de dez arriba para os locais.
E no último cuarto, outro recital do conxunto coruñés. O Levitec Huesca mantivo o tipo, pero finalmente a vitoria quedou nun #OFornodeRiazor abarrotado, onde a afección respondeu o chamamento feito polo capitán Jeff Xavier na súa conta de twitter.
Este venres, 14 de febreiro, novo partido ante o TAU Castelló ás 20:45 horas.