Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información
|| Senior Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña S - Calvo Artai · 24/01/2021 17:00 Polideportivo Riazor 2 || Senior Masc. 3ªDiv: Montrove - Idefic Imatia Básquet Coruña · 23/01/2021 19:00 Canide-Mera || Junior Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña J - Compañía de María · 24/01/2021 09:30 Polideportivo Riazor 2 || Junior Masc. 2ªDiv: CB Arteixo Duacode - Básquet Coruña 03/04 · 23/01/2021 20:00 Pazo dos Deportes de Arteixo || Cadete Fem. 1ªDiv: Fundiciones Rey - Básquet Coruña Leyma C · 23/01/2021 12:00 Polideportivo Fontecarmoa 1 || Cadete Masc. 1ªDiv: Instituto Rosalía - Básquet Coruña C · 23/01/2021 12:00 Instituto Rosalía de Castro || Infantil Masc. 1ªDiv: Instituto Rosalía - Básquet Coruña I · 23/01/2021 10:00 PIO XII || Pre-Inf Masc. 1ºDiv: Básquet Coruña U13 - SIGALTEC · 23/01/2021 12:00 Polideportivo Ventorrillo || Infantil Fem. 1ªDiv: Básquet Coruña Leyma I - Acad. A Mariña Burela INF.fem · 24/01/2021 12:30 Polideportivo Riazor 2 || Minibasquet Fem. 1ªDiv: BAXI Ferrol - Básquet Coruña Leyma U12 · 23/01/2021 12:00 Pavillón Casa Do Deporte || Minibasquet Masc. 1ªDiv: REVI Obradoiro - Básquet Coruña U12 · 24/01/2021 10:00 Monte dos Postes

Primer equipo | 02/02/2020 21:18

Declaración de intencións

Declaración de intenciones

Pedía Sergio García, na rolda de prensa previa ao encontro ante Almansa, madurez, e xunto coa valentía, esas foron as principais protagonistas dun encontro no que o Leyma Coruña foi o dominador de principio a fin.

Comezaba o partido cun parcial de 2-13 para os coruñeses, sendo un avance do que ía ser o desenvolvemento do mesmo. Segundo avanzaban os minutos, o Afanion Almansa tentábao, pero con pouca fortuna, xa fóra pola falta de puntaría ou pola gran defensa dos laranxas. Así terminaba o primeiro cuarto, con 14-25 no marcador.

No segundo período non cambiou o guión. O Leyma Coruña deu un magnifico recital ofensivo, que cada vez afastaba máis aos albaceteños do marcador, chegando a porse 33-53, é dicir, 20 puntos arriba no descanso.

Á volta dos vestiarios, e xa con dous triplos por mediación de Filip Djuran e Augustas Peciukevicius, as cousas non ían ser diferentes. Os esforzos dos locais non eran suficientes para frear o incrible avance dun conxunto laranxa que non deixou ningún cabo solto e chegou ao cuarto final con 48-76.

O último período tan só serviu para seguir aumentando a vantaxe para o conxunto de Sergio García, dando minutos a xogadores menos habituais como Pablo Ferreiro e Carlos Martínez. O resultado final foi de 62-93, conseguindo unha vantaxe de 31 puntos arriba para o conxunto coruñés, que o segue situando na parte alta da clasificación, no cuarto posto, empatado co BTTB Mallorca, que é terceiro, ambos con 14 vitorias.

O seguinte encontro terá lugar o vindeiro domingo día 9 ás 19:00 horas, ante o Levitec Huesca en #OFornodeRiazor.






non á violencia de xénero
Xunta de Galicia


Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.obra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankiberostaraltiaagra das mil medasmacronabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pomboarkivoltaad grupo regueiraaurencentro negocios finisterreGrupo Alumandos deportemarineda city