Catro xogadores e un adestrador da nosa canteira laranxa coas preseleccións galegas

Dúas xogadoras e dous xogadores da nosa canteira laranxa foron convocados nas preseleccións galegas o próximo 25 de novembro.

Nosas cadetes Laura Ibáñez Díaz e Elena Lijó Rodríguez adestrarán na Estrada no Pavillón Manuel Couto Ferreiro de 18.30 a 20.30 horas mentres que o noso cadete Raúl Vázquez Varela estará na mesma instalación e exercitarase de 16.30 a 20.30. No corpo técnico desta selección cadete repetirá o noso adestrador do equipo júnior masculino Héctor Méndez Vidal.

No mesmo horario e lugar Anxo Casais Romeu adestrará coa preselección galega infantil.

Moitas felicidades a todos os convocados da nosa canteira. Esperamos que aproveiten e gocen moito esta experiencia formativa.