Equipos base | 21/12/2018 17:29
Catro adestradores do Básquet Coruña, seleccionados pola FGB

Catro adestradores da nosa canteira do Básquet Coruña foron seleccionados pola Federación Galega de Baloncesto.
No caso de Carlos Penedo, Iago Mariñas e Agustín Arcos foron chamados para os PDC Autonómicos. Penedo irá de técnico axudante ao PDC Autonómico feminino 2006, Mariñas exercerá de delegado do PDC Autonómico masculino 2006 E Arcos estará no PDC Autonómico Cadete feminino 2004.
Mentres o noso técnico Héctor Méndez exercerá como adestrador axudante da selección galega cadete masculina, onde o seleccionador é o extrenador do Leyma Coruña, Perico Díaz, que acudirá ao Campionato de España.
Desde o Básquet Coruña desexamos a todos os nosos técnicos que gocen da experiencia formativa con algúns dos mellores xogadores e xogadoras galegos en diferentes categorías.