Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información
|| Cadete Fem. 1ªDiv: Básquet Coruña Leyma C - PBB A · 19/06/2021 19:00 Polideportivo Riazor 2 || Pre-Inf Masc. 1ºDiv: Básquet Coruña U13 - Estudiantes Pontevedra · 19/06/2021 12:00 Polideportivo Ventorrillo || Infantil Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña U14 - ESCLAVAS · 18/06/2021 19:20 Polideportivo Ventorrillo || Infantil Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña 07 - Carniceria Daniel Artai · 20/06/2021 12:00 Polideportivo Riazor 2 || Infantil Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña 08 - Arteixo · 20/06/2021 09:30 Polideportivo Riazor 2

Equipos base | 22/03/2017 13:11

Crónica Sigaltel - Basquet Coruña inf 1ª Div.: Gran vitoria do infantil masculino 1ª Div. en Villagarcia

Crónica Sigaltel - Basquet Coruña inf 1ª Div. : Gran victoria del infantil masculino 1ª Div. en Villagarcia

Partido disputado a mañá do domingo en Villagarcia, no cal os Coruñeses se impuxeron por un tenteo de 52-77.

Partido de gran importancia, de face ao obxectivo de finalizar esta fase da liga entre os 2 primeiros clasificados, obxectivo que ten como premio a disputa da final de cópaa federación, que a xogasen os 2 primeiros clasificados, e a salvación da categoría, o que suporía para o club seguir mantendo a praza en 1ª división, nun grupo de 8 equipos dos cales 6 perden a categoría.

O partido disputábano o segundo e terceiro clasificado, con só un partido de diferenza a favor dos Coruñeses na clasificación.

O Basquet Coruña saíu moi enchufado, cunha defensa moi presionante, tanto ao home con balón como ás liñas de pase, o que lles permitía anotar con certa facilidade en rápidas transicións, chegando ao descanso co marcador a favor por 31-47.

Á saída de vestiarios o partido seguiu polos mesmos camiños, a pesar da maior dureza de os de Villagarcia en defensa, os Coruñeses conseguían manter o seu nivel defensivo, grazas ao seu bo estado físico e ás rotacións, e en ataque sumaban con certa comodidade debido ao bo movemento do balón e ao acerto desde o tiro libre.

Vitoria merecida e traballada, dun equipo que o vindeiro domingo se despraza a Allariz a disputar outra partido clave de face ao seu obxectivo. Sorte e a seguir coa imaxe dada en este partido.

Sigaltel Villagarcia: 52

Basquet Coruña: 77 Juan, Mateo López, Jacobo, Mateo Villanueva, Jaime, Nico, Mario, Alex, Dani, Raúl, Adrián, (Sergio, baixa por lesión)






non á violencia de xénero
Xunta de Galicia


Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestoXacobeo 21·22xunta de galiciaayuntamiento de a coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.obra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankaltiaagra das mil medasmacronabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pomboarkivoltaad grupo regueiraaurencentro negocios finisterreGrupo Alumandos deportemarineda citysavills aguirre newmanprivate bank citi