Crónica premini Leyma 07: Gran esforzo con recompensa final

Partido disputado a mañá do domingo no Agra 2, que enfrontaba aos 2 primeiros clasificados o Leyma 07 e o Obradoiro, que se saldou con vitoria para as laranxas por un tenteo de 37-32.

O partido comezaba cun Leyma 07 moi concentrado, que con rápidos contraataques e bos pases en ataque lograba chegar ao descanso cunha renda de 12 puntos.Tras o descanso a boa defensa do Obradoiro unido a un xogo máis individual do Leyma 07, provocaba a remontada das colexiais que chegaban ao último sexto cunha vantaxe de 2 puntos. No último cuarto, o Leyma grazas ao gran esforzo das nenas en defensa, loitando cada balón e un xogo máis colectivo en ataque lograba levar a vitoria.

Felicitar aos 2 equipos polo seu esforzo e o bo partido realizado e desexarlles sorte en os próximos partidos.

Obradoiro : 32

Leyma 07: 37 Alba, Sabela, Mariña, Irene Pan, Irene Díez, Carla , Chloe, Esperanza, IreneGarcía, Marta.