Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información

Equipos base | 29/11/2016 15:30

Crónica Minibasket Masculino Básquet Coruña 05: Paso a paso

Crónica Minibasket Masculino Básquet Coruña 05: Paso a paso

No quecemento xa vimos que ía ser un partido complicado, dada a estatura dos adversarios. Pero iso non nos desanimó. Nunha primeira fase do partido, nerviosos e un pouco asustados deixamos que os nosos temores nos marcasen o estilo de xogo. Aínda así, conseguimos ir corrixindo erros de encontros anteriores, aumentando a concentración e pondo en práctica algúns dos conceptos adestrados estas semanas.

Aos poucos conseguimos empezar a desenvolver o noso xogo, aínda que de face ao aro non estabamos acertados, cousa que o rival castigaba con rebotes en ataque e as súas consecuentes canastras.

A diferenza de estatura e de nivel de formación fixeron que o partido fóra claramente para o equipo de Cambre. Pero este é o camiño, o resultado non é o obxectivo, senón a consecuencia.

Lamentar as ausencias por lesión de Nathaniel e Tomás e as lesións durante o encontro de Jorge e Erik

Felicitar ao equipo de Cambre e por suposto aos nosos xogadores, a seguir avanzando!

Basquet Coruña 24: Anxo Martinez, Xiao Losada, Iago Formoso, Erik Galán, Manrique Pinilla, Nahuel Devesa, Jorge Ferreiros, Alex Bernabé, Román Prego, Izan Orons

Cambre 57








Xunta de Galicia

Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñadeputación da coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.fundación emalcsadeporte solidarionon á violencia de xéneroobra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankiberostaraltiaagra das mil medaswibohorno sanbrandanabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pomboarkivoltatermariaad grupo regueiraaurencentro negocios finisterred calvodos deportegalimascota tanatoriosmarineda citymarineda city