Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información
|| Senior Fem. 1ªDiv: Basquet Coruña Leyma S - CLB · 17/01/2021 17:00 Polideportivo Riazor 2 || Senior Masc. 2ªDiv: Calvo Artai - Básquet Coruña S · 17/01/2021 12:30 Polideportivo Vila de Noia || Senior Masc. 3ªDiv: Idefic Imatia Básquet Coruña - ADFRO · 17/01/2021 19:30 Polideportivo Riazor 1 || Junior Masc. 2ªDiv: Escola Basquet Xiria - Básquet Coruña J · 16/01/2021 10:00 Vila de Noia Zona Escolar || Junior Fem. 1ªDiv: Instituto Rosalía - Básquet Coruña Leyma J · 17/01/2021 12:00 Instituto Rosalía de Castro || Junior Masc. 2ªDiv: Club Baloncesto Cambre - Básquet Coruña 03/04 · 17/01/2021 12:00 Polideportivo Sofia Toro- Cambre || Cadete Fem. 1ªDiv: Compañía de Maria - Básquet Coruña Leyma C · 17/01/2021 12:30 Compañía de Maria || Infantil Masc. 1ªDiv: Montrove - Básquet Coruña I · 17/01/2021 12:00 Canide-Mera || Infantil Fem. 1ªDiv: Básquet Coruña Leyma I - Estudiantes Lugo Leyma Natura · 16/01/2021 12:00 Polideportivo Ventorrillo || Minibasquet Fem. 1ªDiv: Estudiantes de Lugo Leyma Natura - Básquet Coruña Leyma U12 · 17/01/2021 11:30 Pazo Anexo 1 || Minibasquet Masc. 1ªDiv: Básquet Coruña U12 - Instituto Rosalía · 17/01/2021 16:30 Polideportivo Ventorrillo

Equipos base | 24/05/2017 18:04

Crónica Liga FGB Preminibasket Masculino 07 (2ª Parte: SIGAMOS SOÑANDO!)

Crónica Liga FGB Preminibasket Masculino 07 (2ª Parte: ¡SIGAMOS SOÑANDO!)

Segunda concentración ? 14/05/17 ? Santiago (Peleteiro)
Unha semana máis tarde a cita era en Santiago de Compostela. Nova primeira vez. Neste caso estréanse as viaxes en bus. Como sempre os xogadores e as familias, resultaron modélicos, pero iso non quita a sensación inesquecible da estrea nestas lides.
Visitabamos a casa do único equipo convido tras a primeira concentración.
Pola mañá esperábanos o equipo do Culleredo, por cuarta vez na presente tempada. A nosa veciños da área metropolitana, foron testemuñas da liberación da rabia acumulada tras o mal grolo do fin de semana anterior. Ofreceron entrega, intensidade e competitividade? pero xa o alcanzar esta fase, era un enorme premio para eles. Vitoria folgada para os nosos.
O día ofrecía outro bautismo, neste caso o de compartir mesa e mantel en día de partido. Máis de 45 comensais entre xogadores, adestradores e familiares. Experiencia irrepetible.
Tras ese receso, novamente xornada de tarde. O rival, novamente Rosalía, que despois da derrota da primeira xornada e un novo tropezo matinal na prórroga contra Peleteiro enfrontábase ante a tesitura dunha posible eliminación antes da última concentración. Novo partido de máxima esixencia. Os xogadores de ambos os equipos totalmente entregados, gozando na pista e cunha bancada onde os laranxas gañaban en animación, continuidade, cánticos e colorido. Novamente o partido fíxosenos longo, demasiado longo e a xornada de tarde nos volvía a dar as costas. Outra derrota? Como é posible? Termínase aquí o noso soño?
Ante un posible desánimo as familias sácannos polo aire do pavillón, de forma análoga ao berro de campións, campións? co que nos despediron da primeira concentración tras caer ante Peleteiro na Polideportiva de Riazor. Un Peleteiro que gañou tamén a xornada de tarde e que se colocaba con 4 vitorias en catro partidos, mentres Rosalía e nós quedabámonos con 2 a faltas de só dúas xornadas. Para máis inri, co average en contra, así que estabamos fóra!


Terceira concentración ? 21/05/17 ? Santiago (Rosalía)
Semana de enorme calidade de adestramentos, onde nos vimos obrigados ata a sacrificar a despedida dos xogadores do primeiro equipo para aproveitar cada minuto na nosa pista de adestramento. Conxura interna, convicción cega e mochila repleta para viaxar a Santiago. Pero faltaba o elemento sorpresa. Ao nove e media da mañá do domingo presentábase a coller o autobús do equipo o noso padriño, KYLE ROWLEY!
E escríboo con maiúsculas porque non o podo escribir con letras de ouro. Enorme a calidade humana deste mozo. A cara dos nenos era de incredulidade absoluta. Fotos, autógrafos, complicidade? Pero teno claro, vaise ao fondo do bus cos xogadores e intégrase ata co Clash Royale.
Pola mañá espéranos Peleteiro e nós coa obrigación de vencer para non quedar eliminados, tendo en conta que Rosalía gañara xa a Culleredo na primeira quenda matinal. No quecemento, nova sorpresa. A bancada novamente laranxa, vén uniformada: camisetas deseñadas exprofeso para a situación... respírase maxia. O equipo sae endiablado e os puntos empezan a caer uns tras outros, as pernas voan, os brazos mutan e parecen ramajes impenetrables. Kyle, sentado xunto ao noso banco entrégase totalmente? imparte consellos, consola, celebra, emociónase. Está a vivirse baloncesto xenuíno. Vitoria de 30 puntos que nos mantén vivos e que dá a volta a todos os average desfavorables ata o momento.
Comida necesaria para repor forzas e oportunidade para que o resto da expedición goce tamén da presenza de Kyle, que o mesmo atende as curiosidades dos pais, como lle corta filete de pito aos máis pequenos cos que comparte mesa de xeito conxunto. Tempo hai mesmo para soprar veas? Este grupo non é calquera grupo?xornada máxica. Este grupo é ESPECIAL.
Pola tarde, se gañamos pasamos, se gañamos pasamos? E á terceira foi a vencida, as pernas doían tras o esforzo da mañá. Sexto partido en tres fins de semana. Tensión acumulada de máis de oitos meses de adestramentos. O compañeiro de viaxe: Culleredo. Tamén cansados despois do partido da mañá e de todo o mes. Viunos pasar, nobremente esforzouse ao máximo e tratou de aguantar a un equipo desatado. Misión imposible. Ese domingo era noso, mereciámonolo/mereciámosnolo, os astros estaban do noso lado?
Vitoria! Clasificación! Satisfacción! Extenuación! Felicidade!

Fotos, cánticos, celebracións, bágoas, afonías? Que grandeza!

Viaxe de volta, co noso padriño á cabeza. Pellizcándonos, pendentes do resultado do último partido Rosalía-Peleteiro. Seremos primeiros?, seremos segundos??. É o mesmo, que nos importa? Levamos nos nosos corazóns un tesouro que xa ninguén nos pode quitar. Demostrámonos xuntos que SI SOMOS CAPACES!!!
É un deses días no que non queres irche a durmir, non queres que se acabe?
Como non podía ser doutra maneira, para pechar o día, chega a mellor noticia que podía darse?. Rosalía gaña de dous puntos: somos primeiros e Rosalía segundo.
Felices, cansos, sorrindo ao lembrar cada instante, pomos o peche a unha xornada que gardaremos todos no rinconcito dos días inesquecibles.


A partir de aquí, primeiro felicitar a Rosalía pola súa clasificación e o seu máximo esforzo, pois do mesmo xeito que nós o domingo viviron un día especial. A Peleteiro polo fantástico xogo despregado e moi especialmente a Culleredo, con medio equipo de primeiro ano, que realizou unha gran tempada e entendeu que esta liga FGB era un premio. Non conseguiron gañar partidos, pero esforzáronse ao máximo e competiron ata onde puideron. De igual maneira felicitamos ao Colexio Obradoiro, que no grupo B tampouco coñeceu a vitoria, pero que asinou unha excepcional tempada.


Pola nosa banda, pois seguimos soñando. Agora xa rodeados de euforia, de satisfacción, de alegría? Afrontamos a preparación das fases finais. Estas eliminatorias que unicamente servirán para que sigamos gozando, na pista, na bancada, no bus, á mesa? como equipo e moi especialmente como grupo humano. Mantemos vivos os nosos soños e soñamos ao grande, esforzarémonos ao máximo para perseguir os nosos soños.

Cambiaremos esta vez as mochilas por maletas e viaxaremos á Estrada cargados de ilusión. As maletas dunha gran familia, as dos protagonistas levan gravado o seu nome: 9 Antón, 16 Diego, 17 Joel, 18 Xoan, 19 Teo, 26 Pablo, 27 Gonza, 28 Jorge, 39 Loren, 46 Javi e 48 Dani.

Parecemos moitos, pero SOMOS UN!!!






non á violencia de xénero
Xunta de Galicia

Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.obra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankiberostaraltiaagra das mil medasmacronabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pomboarkivoltaad grupo regueiraaurencentro negocios finisterreGrupo Alumandos deportemarineda city