Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información
|| Senior Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña S - Calvo Artai · 24/01/2021 17:00 Polideportivo Riazor 2 || Senior Masc. 3ªDiv: Montrove - Idefic Imatia Básquet Coruña · 23/01/2021 19:00 Canide-Mera || Junior Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña J - Compañía de María · 24/01/2021 09:30 Polideportivo Riazor 2 || Junior Masc. 2ªDiv: CB Arteixo Duacode - Básquet Coruña 03/04 · 23/01/2021 20:00 Pazo dos Deportes de Arteixo || Cadete Fem. 1ªDiv: Fundiciones Rey - Básquet Coruña Leyma C · 23/01/2021 12:00 Polideportivo Fontecarmoa 1 || Cadete Masc. 1ªDiv: Instituto Rosalía - Básquet Coruña C · 23/01/2021 12:00 Instituto Rosalía de Castro || Infantil Masc. 1ªDiv: Instituto Rosalía - Básquet Coruña I · 23/01/2021 10:00 PIO XII || Pre-Inf Masc. 1ºDiv: Básquet Coruña U13 - SIGALTEC · 23/01/2021 12:00 Polideportivo Ventorrillo || Infantil Fem. 1ªDiv: Básquet Coruña Leyma I - Acad. A Mariña Burela INF.fem · 24/01/2021 12:30 Polideportivo Riazor 2 || Minibasquet Fem. 1ªDiv: BAXI Ferrol - Básquet Coruña Leyma U12 · 23/01/2021 12:00 Pavillón Casa Do Deporte || Minibasquet Masc. 1ªDiv: REVI Obradoiro - Básquet Coruña U12 · 24/01/2021 10:00 Monte dos Postes

Equipos base | 24/05/2017 17:58

Crónica Liga FGB Preminibasket Masculino 07 (1ª Parte: SIGAMOS SOÑANDO!)

Crónica Liga FGB Preminibasket Masculino 07 (1ª Parte: ¡SIGAMOS SOÑANDO!)

Internamente bautizaramos este tramo da tempada como THE MAY MADNESS e acertamos de pleno. Fantástica tolemia nun esgotador mes de maio, pleno de ?primeiras veces?, no que se desbordan as emocións, descóbrense novas experiencias, desenvólvense ao máximo as capacidades, crécese como persoa e fórmanse deportistas.

O equipo arrinca a súa participación na liga FGB no grupo norte A, formado por outro tres equipos ademais o noso Benjamín Masculino 07:
- CB Culleredo, como terceiro da liga da Coruña e que xa nos acompañou nas dúas fases anteriores.
- Peleteiro Azul, en calidade de terceiro da liga de Santiago de Compostela.
- Rosalía Pio XII, actual subcampión da liga de Santiago de Compostela.

A competición organizábase en tres fins de semana con dous partidos por equipo, o que ofreceu xornadas de mañá e tarde. Finalmente, só os dous primeiros de cada grupo obterían o paso ás Fases Finais.

Primeira concentración ? 06/05/17 ? A Coruña
Arrincou a competición nun ambiente máxico, facendo coincidir as ligas FGB en categoría benjamín, tanto masculina como feminina. É esforzo do noso club fixo posible que este fito tivese lugar na nosa cidade. Dita xornada enfrontábanos á necesidade de xogar pola mañá e pola tarde, neste caso cos dous equipos santiagueses.
Pola mañá debut de ilusión na Polideportiva 2 de Riazor, esa pista que viu na súa historia baloncesto do máis alto nivel, con nomes en grao sumo granadeiro do baloncesto en Galicia, ata as novas promesas como o Chapu Noccioni en Lleida, Luís Scola en Xixón? ata a xeración íntegra dos juniors de ouro con Juan Carlos Navarro e Pau Gasol á cabeza. Pois nesa marabillosa pista os nosos debutaron ante unha festa laranxa que alagaba as bancadas fronte ao equipo de Rosalía Pio XII.
Partido vibrante, coas emocións a flor de pel e cunha gran igualdade.
Benvida Competición!
Ao fin un rival que nos esixe ao máximo, que nos pon contra as cordas, que nos acantoa e que nos fai espremernos como ninguén ata ese momento. Vívese con intensidade suprema e ao final? a moeda sae cara. Canastra gañadora a falta de cinco segundos e vitoria por un punto. Bágoas de emoción, éxtase na contorna, explosión de xúbilo? enerxía en cada poro da nosa pel.
Pola tarde esperábanos Peleteiro, que debutara tamén con vitoria ante Culleredo. Afrontamos por primeira vez dous partidos nun día. As pernas pesan, o desgaste da mañá acumúlase e a pesar de canalizar favorablemente o cinco primeiros períodos? desgraciadamente esgotóullenos o combustible e as bágoas volveron aparecer, pero neste caso de desilusión. Recibiamos a visita, por primeira vez na tempada, da señora derrota. Pranto desconsolado, sensación de pequena decepción.
Nada máis lonxe da realidade, por fin alguén nos subía tanto o listón que fomos incapaces de saltalo. O grupo debía facer fronte á primeira derrota da tempada e con ela aparecen as primeiras dúbidas, a sensación de vulnerabilidade? O DEPORTE!!!






non á violencia de xénero
Xunta de Galicia


Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.obra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankiberostaraltiaagra das mil medasmacronabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pomboarkivoltaad grupo regueiraaurencentro negocios finisterreGrupo Alumandos deportemarineda city