Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información

Equipos base | 11/04/2016 17:26

Crónica Junior Masc. 1ª División: O junior asegúrase o subcampeonato de liga na súa visita a Xiria.

Crónica Junior Masc. 1ª División: El junior se asegura el subcampeonato de liga en su visita a Xiria.

Coa súa vitoria na sempre díficil cancha de Xiria, os nosos xogadores junior aseguran matematicamente o subcampeonato de liga a falta dunha xornada para a conclusión da mesma, e asinan un impensable balance de 18 vitorias por só 3 derrotas ao comezo da tempada. Con este segundo posto, os nosos terán dereito a xogar a final a catro da competición como locais, unha final a catro que reunirá ademais da os nosos mozos a Cob como terceiro clasificado e a Cidade de Lugo e Narón aínda que non se sabe aínda quen chegará como cuarto e quen o fará como quinto. Terá lugar o próximo 23 de Abril e sen dúbida será unha festa para o noso club e un pasito máis na aprendizaxe e formación dos nosos mozos.

Pero antes da fase, os nosos raparigos pecharán a liga en Riazor fronte a Cidade de Lugo, nun encontro que aínda que non ten efectos na clasificación para Básquet Coruña, de gañalo suporía gañar a todos os equipos da liga polo menos unha vez (derrota en lugo 55-54), conseguir acabar a liga regular como invictos en Riazor e terminar unha tempada con 19 vitorias en liga regular, record na historia do club con este formato de competición, superando así ao equipo infantil masculino da tempada pasada que logrou 18 vitorias en liga regular, e igualando á xeración do 93 quen tamén lograran un subcampeonato galego e e plantarse posteriormente en oitavos de final do campionato de España, sendo eliminados polo Unicaja.

Parabéns equipo e apertemos os dentes no que nos queda por xogar!






non á violencia de xénero
Xunta de Galicia


Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestoXacobeo 21·22xunta de galiciaayuntamiento de a coruñagbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.obra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankaltiaagra das mil medasmacronabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pomboarkivoltaad grupo regueiraaurencentro negocios finisterreGrupo Alumandos deportemarineda citysavills aguirre newmanprivate bank citiTradisco, Tratamientos de construcciónGrupo Liñagar