Equipos base | 17/01/2017 16:36
Crónica J9 Basquet Coruña 02: Remando ata o final

Bonito e igualado partido o disputado este domingo contra CB Ferrol no municipal de Esteiro. Enfrontabámonos na xornada 9 a un difícil rival onde a igualdade na clasificación demostrouse na pista de principio a fin. Comezaba o encontro con moi bos ataques por ambos os equipos, onde os primeiros minutos serviron para coñecer o nivel do rival e de todas as cousas que necesitabamos facer para porlles en problemas.
Final da primeira parte cunha pequena desvantaxe de 5 puntos no marcador. O paso polo vestiario serviunos para corrixir aspectos defensivos para tentar frear a cantidade de canastras fáciles que lles regalamos ao rival.
Chegaba o final do partido con poucos minutos por decidir e coa mesma tónica do partido, igualdade ata o final. Bos ataques por parte dos nosos onde o balón non quixo entrar e caemos derrotados ante un bo rival por unha diferenza mínima de 5 puntos.
CB Ferrol: 61
Basquet Coruña 02 56: Carlos, Pau, Alberto, Álvaro, Rocha, Sergio, Valín, Nico, Jaime, Pablo e Alex.
Parciais: 21-16, 14-14, 16-10, 10-16.
Equipos base | 17/01/2017 16:36