Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información

Equipos base | 20/12/2016 12:20

Crónica J6 Basquet Coruña 06: Sen présa pero sen pausa

Crónica J6 Basquet Coruña 06: Sin prisa pero sin pausa

Partido contra Compañía de María nas instalacións do Agra coa axuda de tres Benjamines do club que viñan suplir as baixas de tres xogadores do noso equipo.

Comezabamos o partido sabendo, xa doutras experiencias, como tiñamos que saltar á pista para poder competir un partido de principio a fin. Boa posta en escena por parte do noso equipo que con moito esforzo e concentración conseguiu realizar boas accións en defensa como en ataque.

Pero os partidos son moi longos e esíxenche estar ao máximo nivel de concentración, un mal cuarto dos nosos alevíns fainos volver atoparnos coas malas sensacións que non conseguiamos cambialas ata o final do partido.

O mais importante é que o equipo vai crecendo aos poucos, non hai présa, imos polo camiño, o fácil xa o sabemos facer, agora toca equivocarse realizando cousas que non sabemos facer, hai que estar tranquilos e seguir gozando deste deporte. Xa xogaremos a gañar cando sexa o momento de gañar. Sen présa, pero sen pausa.

Compañía de María 61

Basquet Coruña06 46: Hugo, Juan, Óscar, Mario, Manu, Diego, David, Jorge (Benjamín), Dani (Benjamín), Antón (Benjamín).

Adestrador: Carlos Penedo.






non á violencia de xénero
Xunta de Galicia


Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestoXacobeo 21·22xunta de galiciaayuntamiento de a coruñagbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.obra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankaltiaagra das mil medasmacronabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pomboarkivoltaad grupo regueiraaurencentro negocios finisterreGrupo Alumandos deportemarineda citysavills aguirre newmanprivate bank citiTradisco, Tratamientos de construcciónGrupo Liñagar