Crónica J19 Basquet Coruña 02: Todos a un tempo.

Partido unha vez máis contra un dos equipos que está arriba na clasificación, Montrove, e que na primeira volta noso equipo cadete se desfondó nos minutos finais e terminamos cun inxusto marcador a favor do visitantes pero se coa merecida vitoria.
Todos tiñamos en mente o mesmo obxectivo, todos tiñamos en mente un plan de partido, todos tiñamos en mente xogar dentro do xogo do equipo. Primeiro cuarto onde os locais saíron moi duros en defensa e conseguiron canastras fáciles onde nós non eramos capaces de pararlles o seu bo contraataque debido a unha mala presión da saída do primeiro pase.
Tras un pequeno parón e onde os nervios se empezaron a ir, o noso equipo empezou a plasmar na pista todo o que debiamos facer para poder competir ante un bo rival.
Achegabámonos/Achegabámosnos aos minutos finais do partido onde conseguimos manter durante toda a segunda parte un alto grao de esforzo e concentración. Observamos que podiamos loitar por un difícil reto, tentar gañar de 23 para gañar o average do partido de ida, e así foi. Boas defensas alternativas, ataques con moita intelixencia buscando a mellor opción e o saber estar na pista nos minutos finais cun marcador a favor deunos unha vitoria de moito mérito e merecida polo noso traballo diario. Parabén a todo o persoal. Aínda nos quedan retos por diante!.

Montrove 55

Basquet Coruña 02 78: Carlos, Pau, Alberto, Álvaro, Jaime, Rocha, Sergio, Alex, Valin, Nico e Pablo.
Adestradores: Carlos Penedo e María Gras.

Parciais: 23-17, 12-24, 11-18, 9-18.